Arquitectura románica en Galicia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
*xirola>deambulatorio |
|||
Liña 35:
Na [[Lugo|capital da provincia]] destaca a [[Catedral de Lugo]]. A catedral foi mandada construír no ano [[755]] polo bispo Odoario, mais as deficiencias de construción e os asedios das guerras fixeron que no primeiro terzo do [[século XII]] se achase o edificio nunhas condicións tales que obrigaron ao bispo Pedro III co seu cabido e outras persoas notables da cidade a concertar en [[1129]] co mestre Raimundo a construción dun novo templo conforme ao estilo arquitectónico entón imperante, o románico, sendo rematada no ano [[1273]].
Trala súa construción o edificio foi reformado en diversas ocasións. A pesares das reformas, o interior do templo é basicamente dun estilo románico tardío. Pertencen á arquitectura románica os paramentos verticais e a bóveda da nave do cruceiro, ademais da maior parte da naves maior, laterais e [[triforio]], cuxas bóvedas foron restauradas no [[século XVIII]], ademais da porta norte, que se atopa acubillada por un soportal gótico no que se atopa un tímpano. Na catedral están presentes tamén outros estilos como o [[arquitectura gótica|gótico]] (primeiro corpo da torre das campás [[1570]], o [[nártex]] ou pórtico norte 1510-1530, primeiro corpo da capela maior e as capelas
[[Ficheiro:Santa marina.JPG|miniatura|esquerda|[[Igrexa de Santa Marina de Sarria|Igrexa de Santa Marina]], [[Sarria]].]]
|