Cances, Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
No cume do monte hai un círculo lítico coñecido como a Eira das Meigas.
 
==Historia==
--[[Especial:Contribucións/77.27.123.172|77.27.123.172]] 23 de xullo de 2013 ás 13:10 (UTC)==Historia==
Na parroquia hai un [[Castro (poboado)|recinto castrexo]] ben conservado: o Bico do Castro. Existe unha mámoa: na Agra da Moa. Hai varias casas nobres en Cances Grande. En Cances da Vila está a igrexa parroquial cun cruceiro e un peto de ánimas.
En Cances da Vila houbo unha importante feira, xa citada no Catastro de Ensenada, que se celebraba o terceiro sábado de mes. Lucas Labrada tamén a cita, igual que Carré Aldao, que nos di que vén de moi antigo, e que nela véndese gando vacún e porcino. O campo da feira pertencía á familia dos Montáns de Cances Grande. Descendentes desta familia establecéronse nas inmediacións do campo e fundaron o lugar da feira. Segundo un veciño, no campo da feira, había casetas cubertas de tella para os vendedores. A feira máis importante celebrábase nos meses de marzo e abril, a denominada Feira dos Bois Gordos.