Diferenzas entre revisións de «Inglés medio»

m
m (Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q36395)
O estándar da chancelería (the Chancery Standard (CS)) foi unha forma escrita do inglés empregada pola burocracia do goberno e para outros propósitos especiais dende finais do [[século XIV]]. Crese que contribuíu dun xeito significativo ao desenvolvemento do inglés moderno.
 
Por mor dos diferentes dialectos do inglés falado e escrito ao longo do país naquela época, o goberno necesitaba unha forma clara e sen ambigüidades para o uso nos seus documentos oficiais. Éste desenvolveuse durante o reinado do rei [[Henrique V de Inglaterra|Henrique V]] (1413 a 1422) en resposta á súa orde para a súa cancillería (oficiais do goberno) de usar, como el mesmo, o inglés máis có [[anglonormando]] ou o [[lingua latina|latín]]. Volveuse amplamente estandarizado ao redor da década de [[1430]].
 
A mediados do [[século XV]], CS usouse para a maioría de propósitos oficiais, agás na Igrexa (que usaba o latín) e algúns asuntos legais (que usaban o [[lingua francesa|francés]] e algo de latín). Espallouse ao redor de Inglaterra polos burócratas nos negocios oficiais, e paseniñamente fou gañando prestixio.
19.713

edicións