Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 35:
====A nacionalización====
[[Ficheiro:Euromed Ben.jpg|miniatura|200px|Euromed en [[Benicarló]], País Valenciano.]]
A partir de 1940 o ferrocarril está en situación ruinosa en España. Ós efectos da Guerra Civil hai que engadilo aillamento producido polo comezo da Segunda Guerra Mundial. As empresas privadas non teñen capacidade nin para mantelo servicio nin para reparalos danos ocasionados pola guerra. En 1941 prodúcese a nacionalización de tódalas liñas ferroviarias de ancho ibérico e no mesmo ano constitúese a [[RENFE]] (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles). Trala nacionalización, o estado pon en marcha un plan para rematalas liñas inacabadas, como a de Santiago-A Coruña, que se inaugura en 1943; Puebla de Sanabria-Ourense, en 1957 e Ourense-Santiago en 1958. A liña de Medina a Vigo por Zamora e Ourense rematábase case cen anos despois do seu comezo. As dificultades técnicas e orográficas fixéranse patentes, de xeito especial entre o tramo de Ourense a Puebla de Sanabria, o máis difícil do tecido ferroviario español ate entón, posto que preto de un terzo discorre entre trincheiras, viadutos e tuneis, dos que o do [[Padornelo, Lubián|Padornelo]], con 5.971 metros é o máis longo das liñas convencionais de Renfe.
 
O grande paradoxo da historia do ferrocarril en Galicia plantéxase na década de 1940. Recentemente expropiadas as compañías privadas ante a paupérrima situación económica que atravesaban e frustradas tódalas tentativas de crear compañías independentes durante a fase de expansión e esplendor ferroviario, aparece a única empresa ferroviaria con capital integramente galego de toda a historia, que chegará a se converter nunha das máis sobranceiras do mundo. En 1943, os irmáns Fernández López ( Antonio, Concepción, José e Manuel) fundan [[Transfesa]] unha compañía que nace co obxecto de transportar por vía férrea gando ás cidades de Madrid e Barcelona.