Diferenzas entre revisións de «Lingua copta»

sen resumo de edición
(en todo caso será bibliografía)
Sem resumo de edição
[[Ficheiro:Coptic.jpg|miniatura|dereita|Pedra datada no [[século III]] gravada cunha inscrición en copta]]
O '''copto''' ou '''copta''' (ⲙⲛⲧⲣⲙⲛⲕⲏⲙⲉ met rem en kēme) é a última forma de escrita utilizada no [[Antigo Exipto]], descendente directa do [[lingua exipcia|exipcio]] pero escrita nunha forma modificada do [[alfabeto grego]]. Pertence, polo tanto, á familia afro-asiática ou camito-semítica de linguas, na subfamilia exipcia. Floreceu, como lingua falada, entre os séculos [[século II|II]] e [[século X|X]] e emprégase hoxe en día como lingua litúrxica da [[Igrexa Ortodoxa Copta]] e da [[Igrexa Católica Copta]].
 
Para escribir o [[lingua exipcia|exipcio]] empregáronse tres escritas, a [[xeroglifo exipcio|xeroglífica]], a [[hierático|hierática]] e a [[demótico exipcio|demótica]]. Estes sistemas resultaban demasiado complexos e pouco eficaces para a linguaxe administrativa, eran patrimonio dunha elite cada vez máis restrinxida e, entre outras dificultades, non podían vocalizar termos estranxeiros, xa que non [[transcrición fonética|transcribían]] [[vogal|vogais]]. Cando [[Alexandre Magno]] conquistou Exipto, no [[-332|332]] a.C., introduciu o [[lingua grega|grego]] na administración. Medio milenio máis tarde, o incipiente [[cristianismo]], moi interesado en espallar a súa doutrina, adaptou o grego, algo fosilizado xa no formalismo da burocracia oficial, para transcribir a lingua falada pola xente na súa vida cotiá , e así naceu a lingua copta.
71.862

edicións