Amora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 57 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q13180
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Amoras.jpg|dereita|miniatura|250px|Amoras de silva.]]
{{bioloxía en progreso}}
[[Ficheiro:AmorasBlackberry_fruits05.jpg|dereita|miniatura|250px|Amoras bravas de silva.]]
A '''amora'''<ref>Nome galego en Portal das Palabras</ref> é o nome de diferentes [[froito]]s comestíbeis de distintas especies botánicas, e que soen clasificarse coma [[froitos do bosque]]. Malia procederen de diferentes plantas ou ser froitos botanicamente diferentes, posúen un aspecto semellante e características comúns. En xeral podemos dicir que proceden de dous [[Xénero (bioloxía)|xéneros]] distintos de vexetaiss con rasgos [[Fenotipo|fenotípicos]] moi dispares entre si:
[[Ficheiro:Blackberry_fruits05.jpg|dereita|miniatura|250px|Amoras silvestres.]]
 
A '''amora''' é o [[froito]] das [[Moreira (árbore)|moreiras]], árbores da familia [[Moraceae]]. Denomínanse tamén amoras ás [[baga]]s da [[silveira]] brava, [[Planta rubideira|rubideira]] espiñenta e moi invasiva do xénero ''Rubus'', da familia das [[Rosaceae|rosáceas]], e achegada ao [[framboeseiro]]. Estas dúas especies, ademais, producen un híbrido orixinal cando se cruzan entre elas, a subespecie denominada ''Rubus × loganobaccus'' ou ''"amora de Logan"'' (en inglés, ''loganberry'').
* '''''[[Moreira (árbore)|Morus]]''''', as moreiras, [[árbore]]s da familia das moráceas.
* '''''[[Rubus]]''''', as [[silveira]]s, [[Planta rubideira|arbustos rubideiros]] e espiñentas da familia das rosáceas, especialmente algunhas especies.<ref>{{cita web
|url = http://www.botanical-online.com/rubus.htm
|título = Especies de zarzas (Rubus)
|dataacceso = 26 de decembro
|anoacceso = 2008
|autor = www.botanical-online.com
|idioma = español
}}</ref><ref>{{cita web
|url = http://biblioteca.utp.edu.co/tesisdigitales/texto/6650282H565.swf
|título = Clasificación y variedades de la morera
|dataacceso = 26 de decembro
|anoacceso = 2008
|autor = Eliud Andrés Herrera López
|idioma = español
}}</ref>
 
Ambos os dous xéneros botan amoras, porén non son a mesma froita. A diferenciación é aínda maior, xa que ambos xéneros teñen un gran número de especies. En total existen máis de 300 especies de amoras diferentes.<ref name=EOK>{{cita web
|url = http://frutas.consumer.es/documentos/frescas/mora/intro.php
|título = Moras (Frutas: guía práctica)
|dataaacceso = 4 de xullo
|anoacceso = 2009
|autor = CONSUMER EROSKI
|idioma = español
}}</ref> Ademais, a comercialización destas [[baga]]s propiciou a creación de diversas hibridacións que non existen na natureza.<ref name=EOK />
 
== Clases de amoras ==
 
=== ''[[Moreira (árbore)|Morus]]'': moreiras ===
* [[Morus alba]] (''amora'' da moreira branca), ornamental en Galiza.
* [[Morus nigra]] (''amora'' da moreira negra), ornamental en Galiza.
* [[Morus rubra]] (''amora'' da moreira rubia)
 
=== ''[[Rubus]]'': silvas ===
''[[Rubus ulmifolius]]'' (amora brava de silva) bravas en Galiza.
''[[Rubus fruticosus]]'' (amora brava de silva) bravas en Galiza.
''[[Rubus chamaemorus]]'' (amora dos illós)
''[[Rubus glaucus]]'' (amora andina)
''[[Rubus laciniatus]]''
etc.
 
'''Híbridos: cruzamentos'''
* Boysenberry
* Loganberry
* Youngberry
* Maris Amora
 
== Descrición ==
Dende o punto de vista botánico, a amora é unha froita [[polidrupa]], é dicir, está formada pola unión de [[drupa]]s miúdas en [[acio]]s, dentro das que se acha unha semente miudiña, perceptíbel durante o seu consumo e incluso ás veces algo molesta. De xeito algo máis alongado nas especies de ''Morus'', e xeralmente máis arredondada nas de ''Rubus'' (aínda que depende da especie), ''Rubus glaucus'' presenta unha forma levemente semellante á do amorodo (ancha pola base rematando en punta).
 
O seu tamaño é diminuto, medindo entre 1 e 3 [[centímetro|cm]], dependendo da especie.
 
A cor varía conforme a amora vai madurecendo, comezando cun ton abrancazado verdoso pasando ao vermello para finalmente acadar o negro ou [[púrpura]] escuro. Aínda que non sempre é así, xa que existe algunha que outra excepción como é o caso da amora que dá a especie ''[[Morus alba]]'', que do verde pasa a branco e a partir de aí non varía a cor, ou como as [[Rubus chamaemorus|amoras dos illós]] (''Rubus chamaemorus''), xa que o froito maduro desta especie é dunha cor amarela dourada.
 
As amoras que proceden de especies do xénero ''Morus'', difiren ao posuíren un rabiño de 0'5 cm aproximadamente, rabiño do que carecen as amoras procedentes do xénero ''Rubus'', que ao seren retiradas da súa planta o perden. Ademais, as amoras de ''Morus'', ao maduraren son moi brandas, polo xeral máis que as de ''Rubus'', tanto é así, que soen manchar tan só ao tacto.
 
 
== Propiedades nutritivas ==
<div style="float:right">
{{Ficha de valor nutricional
| nome=Amoras, crúas
| kJ=220
| proteínas=1.2 g
| graxas=0.65 g
| carbohidratos=11.94 g
| fibra=6.5 g
| azucres=4.42 g
| calcio_mg=25
| ferro_mg=0.69
| magnesio_mg=22
| fósforo_mg=29
| potasio_mg=151
| sodio_mg=1
| cinc_mg=0.42
| manganeso_mg=0.67
| vitC_mg=26.2
| vitB1_mg=0.032
| vitB2_mg=0.038
| vitB3_mg=0.598
| vitB5_mg=0.329
| vitB6_mg=0.055
| vitB9_ug=21
| vitE_mg=0.87
| vitK_ug=7.8
| fonte_usda=09302
}}
</div>
Como a meirande parte das froitas, as amoras son fonte de [[sales minerais]] e [[vitamina]]s, constituíndo así un importante aporte nutricional que podería incluirse en calquera tipo de dieta.
 
As amoras son froitas de baixo valor [[Caloría|calórico]] por mor a seu escaso aporte de [[hidratos de carbono]], o que as fai un alimento beneficioso axudando ao [[metabolismo]].
 
Son especialmente ricas en [[vitamina C]], contendo cantidades incluso maiores que as dalgúns [[cítrico]]s, feito polo que son utilizadas tanto polos navegantes nórdicos como polos [[Inuit]] americanos como protección contra o [[escorbuto]]. Tamén son moi ricas en [[vitamina A]], así como en [[potasio]], aportando ademais, sobre todo as amoras do xénero ''Morus'', [[fibra alimentaria]].
 
As amoras tamén conteñen [[antocianina|antocianos]] e [[carotenoide]]s, asociados en diversos estudos a certas propiedades consideradas beneficiosas para o organismo.
 
En Galiza polo xeral aínda non se lle dá moito aprecio nutricional a este froito tan san.
 
== Usos culinarios ==
[[Ficheiro:Blackberry Pie 956px.jpg|thumb|izquierda|250px|Torta de amoras.]]
* A amora da silveira é a que se utiliza xeralmente para a fabricación de xaropes, confeituras, sorbetes e para a aromatización de iogures.
*A amora da silveira é a que se utiliza xeralmente para a fabricación de xaropes, confeituras, sorbetes e para a aromatización de iogures. A mestura coñecida como '''"froitos dos bosques"''' está xeralmente constituída por [[arando]]s, [[framboesa]]s, [[amorodoAmorodeira brava|amorodos bravos]]s bravos ou "dos bosques" e amoras da [[silveira]].
 
Os [[sabor]]es das diferentes amoras son dispares. Se ben poden atoparse algunha semellanza, as amoras das distintas especies presentan sabores característicos e peculiares que son apreciados dentro da ampla gama das froitas. O xeralizado sabor agradábel das amoras varía calificativamente no gusto de cada no, porén pode dicirse que a amora é unha baga que sabe ben. Das silvas, ''Rubus ulmifolius'' e ''Rubus fruticosus'', as dúas especies de silvas típcas de Galiza, presentan bagas cun sabor agradábele, intenso mais suave, doce con pequenos matices acedos.
 
No referente ás [[Moreira (árbore)|moreiras]], as amoras de ''Morus alba'' soen resultar insípidas, porén as de ''Morus nigra'' e ''Morus rubra'', presentan un mellor sabor, moito máis valorado, cun fresco e intenso sabor agradábel..
 
As amoras poden inxerirse frecas, que é o uso máis común, xa que se consideran froitas bravas ou ''[[Froitas do bosque|do bosque]]''. Multitude de especies animais, dende [[paxaro]]s a [[roedor]]es, teñen na súa dieta todo tipo de amoras; o ser humano non é unha excepción.
 
As amoras tamén poden ser procesadas e incluídas na cociña de xeitos moi diversos, moi empregadas coma elemento decorativo para todo tipo de pratos, ademais, a nivel industrial multitude de produtos a inclúen: [[iogur]]es, [[torta]]s, [[licor]]es, [[batido]]s, [[xeado]]s, [[xelatina]]s, etc.
 
A amora de silveira (x. ''Rubus''), converteuse nunha froita moi popular en pastelaría xa sexa para a preparación de [[sobremesa]]s, [[marmelada]]s, [[xelea]]s e, ás veces, [[zume]]s, [[viño]]s e licores. Porén non é a única especie de amora empregada. En Galiza o seu uso industrial aínda non é moi popular.
 
Existen innumerábeis [[Receita de cociña|receitas]] en cuxos ingredientes entra a amora. Un claro exemplo disto é o ''[[crumble]]'', pastel tradicional de [[Inglaterra]] elaborado con diversas [[froita]]s.
 
== Cultivo ==
As amoras, malia procederen de especies botánicas basicamente bravas, poden ser cultivadas, de feito son cada vez máis cultivadas de seito profesional en diversas zonas ao longo de toda a xeografía mundial coa intención de aproveitar o froito, aínda que ás veces se cultiven tamén especies do xénero ''Morus'' con outros fins.
 
Existen multitude de especies de amoras, mais é posíbel que tan só teñan un valor comercial unhas nove delas, que basicamente son do xénero ''Rubus'' (silveiras), en ocasións e comunmente se cultivan [[Híbrido (bioloxía)|hibridacións]].
[[Ficheiro:Starr 010423-0050 Rubus glaucus.jpg|thumb|left|200px|''R. glaucus'' (amora andina). En fase de maduración, finalmente son de cor morada escura.]]
 
=== Amora de moreira negra ===
[[Ficheiro:Mulberry.jpg|thumb|150px|right|Amoras apañadas e empratadas de ''[[Morus nigra]]''.]]
A especie [[Morus nigra|''M. nigra'']] (de orixe [[Persia|persiana]]) foi ao longo da historia cultivada pola súa froita comestíbel, e plantada e naturalizada no oeste de [[Europa]], [[Ucraína]], e no leste da [[China]]. Podemos atopar esta árbore en Galiza coma [[Planta ornamental|ornamental]] en xardíns urbanos.
 
As [[árbore]]s desta [[especie]] desenvólvense ben en solos frescos e lixeiros, non gusta das altas temperaturas e das zonas demasiado secas, aínda que en climas excesivamente fríos detense ou, canto menos, deixa de medrar. Para obter unha mellor produción de froitos cómpre unha enérxica [[poda]], o que ademais fai que a árbore dea follas maiores. Cultívase por sementeira durante a [[primavera]] ou ben por [[esgallo]]s leñosos, e admite trasplantes a raíz núa durante o [[inverno]].<ref>{{cita web
|url = http://articulos.infojardin.com/Frutales/fichas/moras-mora-negra-moreras-moral-morus-nigra.htm
|título = Mora, Moras, Mora negra, Morera, Moreras, Moral. Morus nigra
|dataacceso = 26 de decembro
|anoacceso = 2008
|autor = INFOJARDIN
|idioma = español
}}</ref> Os froitos desta especie madurecen polo [[verán]].
 
== Etnografía ==
[[Rosalía de Castro]] falaba das amoras no seu coñecido poema de ''[[Cantares gallegos]]'', ''Adiós ríos'':
 
*''...Amoriñas d'as silveiras
 
'' que eu lle daba ô meu amor,
 
''camiñiños antr'o millo,
 
''!adiós para sempr'adiós!<ref>Versión orixinal do poema, en http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/system/files/vida_obra_rosalia.pdf</ref>.
 
=== Cantiga popular ===
*''Mala xesta varredoira
 
''Veña polas costureiras;
 
''Comen as amoras todas
 
''E fan secar as silveiras''<ref>Real Academia Galega (1913-1928): ''Diccionario gallego-castellano''</ref>.
 
=== Refráns ===
*''Ano de amoras, ano de choras''<ref>[[Eladio Rodríguez González]] (1958-1961): ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano'', Galaxia, Vigo</ref>
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Black Butte blackberry.jpg|<small>Amora de moreira nragra (''[[Morus nigra]]'').</small>
Ficheiro:Blackberries on bush.jpg|<small>Amora de silva brava (''[[Rubus ulmifolius]]'').</small>
Ficheiro:Reife moltebeeren.JPG|<small>Amoras de ''[[Rubus chamaemorus]]''.</small>
Ficheiro:Morusnegris.JPG|<small>Amoras de moreira negra (''[[Morus nigra]]'').</small>
</gallery>
 
== Notas ==
{{Referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Froitos do bosque]]
* [[Framboesa]]
* [[Arando]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Blackberries}}
 
[[Categoría:Bagas]]