Historia da aviación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 21 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q471043
citation added
Liña 10:
O primeiro avión propiamente dito foi creado por [[Clément Ader]], que o [[9 de outubro]] de [[1890]] consegue despegar e voar 50 m. co seu ''Éole'' pero o avión queda destruído ao estrelarse. Posteriormente repite a fazaña co ''Avion II'' que voa 200 m en [[1892]] e o ''Avion III'' que en [[1897]] voa unha distancia de máis de 300 m. O voo do Éole foi o primeiro voo autopropulsado da historia da humanidade, e é considerado como a data de inicio da aviación en [[Europa]], aínda que non en [[América]].
 
Un paso importante na aviación dérono os [[irmáns Wright]] nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], cando [[Orville Wright]] realizou o seu primeiro voo o 17 de decembro de 1903, planeando durante 12 segundos no aire.<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/11372/ |title = Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17 |website = [[World Digital Library]] |date = 1903-12-17 |accessdate = 2013-07-21 }}</ref> Os Wright deseñaran un aparello que introduciu a posibilidade de ser controlado durante o voo, unha gran innovación. Con todo, o seu deseño non era adecuado para que puidese voar por si só, xa que necesitaba axuda externa para iniciar o voo, e non era capaz de manter a sustentación. Para conseguir iniciar o voo, foron necesarios varios dispositivos externos como unha catapulta impulsora, fortes ventos e un plano inclinado. O primeiro voo dos irmáns Wright fíxose en segredo e sen testemuñas, para evitar o plaxio da súa máquina por parte de terceiros. Orville Wright non fixo público o seu invento ata 1908, data na que anunciou a existencia do anterior voo en 1903. Nesa data recoñeceuse aos irmáns Wright como pais da aviación, xa que fixeran o seu primeiro voo en 1903, tres anos antes que o famoso voo público de Santos Dumont.
 
[[Alberto Santos-Dumont]] realizou en outubro de [[1906]] a primeira demostración pública do primeiro avión que podía voar exclusivamente polos seus propios medios, sen necesidade de catapultas que o lanzasen nin axudas auxiliares externas ao aparello. O voo fíxose publicamente e foi presenciado por unha multitude de persoas que viron o despegamento, voo, e aterraxe. Para esa data considerouse a Santos Dumont como o pai da aviación, xa que aínda non se había feito público o voo secreto dos irmáns Wright. Tres anos máis tarde, sóubose a verdade: os irmáns Wright voaran anteriormente. Isto demostrou en base ás declaracións públicas feitas por Orville Wright: voara anteriormente, e o seu irmán fora testemuña do voo.