Avión (medio de transporte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: en:Fixed-wing aircraft (strong connection between (2) gl:Avión (medio de transporte) and w:Airplane)
→‎Historia: citation added
Liña 23:
A principios do [[século XX]], foi realizado o primeiro voo nunha máquina máis pesada có aire, capaz de xerar por si mesma a potencia e sustentación precisa. Sen embargo, este é un feito polémico no cal son acreditados por unha parte [[Alberto Santos Dumont]] e por outra os [[Irmáns Wright]].
 
Os irmáns Wright estudaron minuciosamente canto se sabía ata entón sobre [[aeronáutica]], chegando as súas propias conclusións. Os irmáns Wright comezaron os seus experimentos con planadores no [[1900]], pero é o [[17 de decembro]] do [[1903]] cando rematan a construción do seu primeiro avión con motor de [[gasolina]] de catro cilindros e 12 [[Cabalo de vapor|cabalos de vapor]]. Pilotado por Orville e avanzando sobre raíles, elevouse tres metros e tras cabecear percorreu aproximadamente 30 metros en 12 segundos, caendo despois a terra, segundo versión dos propios interesados e das súas "testemuñas oculares".<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/11372/ |title = Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17 |website = [[World Digital Library]] |date = 1903-12-17 |accessdate = 2013-07-21 }}</ref>
 
Críticos dos irmáns afirman que este voo non tivo testemuñas considerábeis (catro salvavidas e un rapaz), dado o illamento no que foron realizadas as probas. Outro factor que desmerece tal proeza foi o emprego dunha [[catapulta]], para o [[despegue]] da nave creada polos irmáns, o ''[[Flyer]]''.