Bioquímica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: algo máis desde a wiki .ca
→‎Historia: algo máis desde a wiki .ca
Liña 15:
[[Ficheiro:Anselme Payen.jpg|miniatura|Anselme Payen]]
[[Ficheiro:Lavoisier humanexp.jpg|miniatura|200px|Experimento da respiración por parte de Lavoisier]]
 
Antiguamente considerábase que os seres vivos non estaban suxeitos ás leis da ciencia do mesmo xeito que a materia inerte. Era ampliamente aceptado que as moléculas da vida só podían ser producidas por seres vivos ([[teoría da forza vital]]. Probablemente unha das primeiras aplicacións da bioquímica foi a produción de [[pan]] usando [[lévedo]]s, hai 5.000 anos.
 
En [[1828]], [[Friedrich Woehler|Friedrich Wöhler]] publicou un artigo acerca da síntese de [[urea]], probando que os compostos orgánicos poden ser creados artificialmente<ref>{{Cita publicación periódica|autor = Wöhler, F.|título = Ueber künstliche Bildung des Harnstoffs.|localización = Ann. Phys. Chem.|ano=1828|volume=12|páxinas=253-256}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título = Friedrich Wöhler (1800–1882), on the Bicentennial of His Birth|autor = Kauffman, G. B. and Chooljian, S.H.|localización = The Chemical Educator|volume = 6|número = 2|páxinas = 121-133|ano = 2001|doi = 10.1007/s00897010444a}}</ref>, en contraste coa crenza, comunmente aceptada durante moito tempo; de que a xeración destes compostos era posible só no interior dos seres vivos.
Liña 28 ⟶ 29:
A bioquímica alcanzou un impulso decisivo cos traballos sobre a [[hemoglobina]] de [[Felix Hoppe-Seyler|Ernst Felix Immanuel von Hoppe-Seyler]] ou a síntese dos [[glícido]]s, as [[graxa]]s e as [[proteína]]s de [[Hermann Emil Fischer|Emil Fischer]]. A nova ciencia recibiu definitivamente o nome de bioquímica, proposto polo químico alemán [[Carl Neuberg]], en [[1903]]. Previamente, esta área chamouse '''química fisiolóxica'''.
 
Desde entón, a bioquímica avanzou, especialmente desde a metade do [[século XX]] co desenvolvemento de novas técnicas como a [[cromatografía]], a [[difracción de raios X]], [[marcaxe por isótopos]], e o [[microscopio electrónico]]. Estas técnicas abriron o camiño para a análise detallada e o descubrimento de moitas moléculas e [[ruta metabólica|rutas]] [[metabolismo|metabólicas]] das [[célula]]s, como a [[glicólise]] e o [[ciclo de Krebs]]. Hoxe en día os avances da bioquímica son usados en centos de áreas, desde a [[xenética]] ata a [[bioloxía molecular]], da [[agricultura]] á [[medicina]]. Probablemente unha das primeiras aplicacións da bioquímica foi a produción de [[pan]] usando [[lévedo]]s, hai 5.000 anos. O alicerce fundamental da investigación bioquímica céntrase nas propiedades das proteínas, moitas das cales son enzimas. Por razóns históricas a bioquímica do [[metabolismo]] da célula foi intensamente investigado, importantes liñas de investigación actuais inclúen o [[código xenético]] ([[ácido desoxirribonucleico|ADN]], [[ácido ribonucleico|ARN]], [[síntese de proteínas]], dinámica da [[Membrana plasmática|membrana celular]] e ciclos enerxéticos).
 
Tamén se fixo cada vez máis patente en todo o mundo a necesidade de dedicar máis recursos humanos e económicos á investigación nesta ciencia. Isto representou un novo cambio no obxectivo da bioquímica: durante este período, o principal interese foi o estudo dos mecanismos moleculares que controlan os procesos descritos nos anos anteriores. Así, descubrimentos como o da [[AMP cíclico]] por [[Earl Wilbur Sutherland Jr.|Earl Sutherland]] en 1957 ou a [[fosforilación]] das proteínas por [[Edwin G. Krebs]] e [[Hermann Emil Fischer|Emil Fischer]] en 1959 levaron ao nacemento de disciplinas novas como o [[endocrinoloxía molecular]], que permitiu o estudo da regulación e a integración do metabolismo. Malia os importantes avances científicos alcanzados, aínda que se van descubrindo novos compostos bioquímicos (como é o caso do importante regulador metabólico fructosa-2,6-difosfato), así como aspectos básicos (tales como vías metabólicas secundarias) do entramado de vías metabólicas que constitúen o metabolismo. Hoxe en día, os achados da bioquímica úsanse en diferentes áreas, desde a [[xenética]] ata a [[bioloxía molecular]] pasando pola [[agricultura]] e a [[medicina]], entre outros campos.
 
== Categorías ==