Bioquímica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
→‎Historia: algo máis desde a wiki .ca
Liña 25:
* O estudo funcional da [[fermentación alcohólica]].
Os maiores avances da bioquímica durante o século XIX foron ligados ao estudo da [[fermentación]], que fixou as bases da [[enzimoloxía]], da [[bioenerxética]] e do estudo do [[metabolismo]]. Destacan os traballos dos científicos das escolas francesa e alemá, como [[Anselme Payen]] que descubriu o [[1833]] a primeira [[enzima]], a [[diastase]] (chamada hoxe [[amilase]] ), [[Jean-François Persoz]], [[Justus von Liebig|Carl Justus von Liebig]], [[Louis Pasteur]] ou [[Eduard Buchner]] que contribuíu coa primeira demostración de complexos procesos bioquímicos fóra da célula en [[1896]]: a [[fermentación alcohólica]] en extractos de [[lévedo]].
 
A bioquímica alcanzou un impulso decisivo cos traballos sobre a [[hemoglobina]] de [[Felix Hoppe-Seyler|Ernst Felix Immanuel von Hoppe-Seyler]] ou a síntese dos [[glícido]]s, as [[graxa]]s e as [[proteína]]s de [[Hermann Emil Fischer|Emil Fischer]]. A nova ciencia recibiu definitivamente o nome de bioquímica, proposto polo químico alemán [[Carl Neuberg]], en [[1903]]. Previamente, esta área chamouse '''química fisiolóxica'''.
 
Desde entón, a bioquímica avanzou, especialmente desde a metade do [[século XX]] co desenvolvemento de novas técnicas como a [[cromatografía]], a [[difracción de raios X]], [[marcaxe por isótopos]], e o [[microscopio electrónico]]. Estas técnicas abriron o camiño para a análise detallada e o descubrimento de moitas moléculas e [[ruta metabólica|rutas]] [[metabolismo|metabólicas]] das [[célula]]s, como a [[glicólise]] e o [[ciclo de Krebs]]. Hoxe en día os avances da bioquímica son usados en centos de áreas, desde a [[xenética]] ata a [[bioloxía molecular]], da [[agricultura]] á [[medicina]]. Probablemente unha das primeiras aplicacións da bioquímica foi a produción de [[pan]] usando [[lévedo]]s, hai 5.000 anos. O alicerce fundamental da investigación bioquímica céntrase nas propiedades das proteínas, moitas das cales son enzimas. Por razóns históricas a bioquímica do [[metabolismo]] da célula foi intensamente investigado, importantes liñas de investigación actuais inclúen o [[código xenético]] ([[ácido desoxirribonucleico|ADN]], [[ácido ribonucleico|ARN]], [[síntese de proteínas]], dinámica da [[Membrana plasmática|membrana celular]] e ciclos enerxéticos).