Bioquímica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
m traducido desde a wiki .ca
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Hemoglobin.jpg|miniatura|Molécula da hemoglobina.]]
 
A '''Bioquímica''' é o estudo [[Química|químico]] dos seres vivos, especialmente da estrutura e función dos seus compoñentes químicos específicos, como son as [[proteína]]s, [[carbohidrato]]s, [[lípido]]s e [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]], ademais doutras pequenas [[molécula]]s presentes nas [[célula]]s. A bioquímica baséase no concepto de que todo ser vivo contén [[carbono]] e en xeral as moléculas biolóxicas están compostas principalmente de [[carbono]], [[hidróxeno]], [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]], [[nitróxeno]], [[Fósforo (elemento)|fósforo]] e [[xofre]].
É a [[ciencia]] que estuda a mismísima base da [[vida]]: as [[molécula]]s que compón as [[célula]]s e os [[Tecido (bioloxía)|tecidos]], que catalizan as [[reacción química|reaccións químicas]] da [[dixestión]], a [[fotosíntese]] e a [[Sistema inmunitario|inmunidade]], entre outras.
 
A supervivencia dos seres vivos depende da súa capacidade para levar a cabo unha serie de reaccións químicas dirixidas ao intercambio de [[materia]] e [[enerxía]] co [[medio ambiente]] e a fabricación das súas estruturas vitais. A bioquímica estuda, xa que logo, todas aquelas reaccións que ocorren tanto no interior da [[célula]] como no medio interno dos organismos pluricelulares. Estas bioreaccions non se distingen esencialmente das reaccións típicas da química orgánica, ben que son caracterizadas específicamente polo feito de ocorrer todas a temperaturas relativamente baixas (en xeral, inferiores a 45 ° C) grazas á axuda dos biocatalizadores, chamados [[enzima]]s, e polo feito de funcionar axustadas unhas a outras nunha complexísima rede de interrelacións, que constitúe o [[metabolismo]]. O metabolismo consta de reaccións degradadoras ([[catabolismo]]), que aportan a materia a enerxía necesarias para o organismo, e de reaccións biosintéticas ([[anabolismo]]), que utilizan a materia e a enerxía para a construción das [[macromolécula]]s e doutras estruturas complexas do organismo. A bioquímica é unha ciencia nada da converxencia e o cruzamento da [[química orgánica]] e da [[fisioloxía]], dúas ciencias moi desenvolvidas ao longo do século XIX, que experimentaron un progreso moi importante durante os últimos cincuenta anos.
 
Como todas as formas de vida da actualidade descenden do mesmo [[antepasado común]], teñen unha bioquímica xeralmente similar.<ref name=SmithE>{{Cita publicación periódica |autor=Smith E, Morowitz H |título=Universality in intermediary metabolism |url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=15340153 |editor=Proc Natl Acad Sci USA |volume=101 |exemplar=36 |páxinas=13168–73 |ano=2004 |pmid=15340153 |doi=10.1073/pnas.0404922101}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |autor=Romano A, Conway T |título=Evolution of carbohydrate metabolic pathways |editor=Res Microbiol |volume=147 |número=6–7 |páxinas=448–55 |ano=1996 |pmid=9084754 |doi=10.1016/0923-2508(96)83998-2}}</ref> Descoñécese si as [[bioquímicas hipotéticas|bioquímicas alternativas]] son posibles ou prácticas.
 
== A Investigación en Bioquímica ==
Liña 20 ⟶ 26:
* [[Inmunoloxía]]
* [[Farmacoloxía]]
==Notas==
 
{{listaref}}
== Véxase tamén ==