Diferenzas entre revisións de «Ángel Pestaña»

lig int
m (Bot: Retiro 5 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3143157)
(lig int)
[[Ficheiro:Quemades, Seguí i Pestaña.jpg|250px|miniatura|[[Salvador Quemades]], Seguí (no medio) e Ángel Pestaña (a dereita).]]
 
''' Ángel Pestaña''', nado en Santo Tomás de Ollas, [[Ponferrada]], [[Provincia de León|León]], o [[14 de febreiro]] de [[1886]] e finado en [[Barcelona]] o [[11 de decembro]] de [[1937]], foi un [[Anarcosindicalismo|anarcosindicalista]] e posteriormente Deputado ás Cortes.
 
== Traxectoria ==
Orfo de pai desde moi novo, e sen chegar a coñecer á súa nai, viuse na obriga de gañarse a vida desde moi pequeno como reloxeiro. Con quince anos foi encarcerado durante tres meses en [[Sestao]] por unhas declaracións espontáneas nun mitin.
 
Tras viaxar polo norte de [[África]] e [[Francia]], Pestaña estableceuse en [[Cataluña]], converténdose nun activista [[anarquismo|anarquista]] local. Participou no congreso da [[Confederación Nacional do Traballo]] de 1918, sendo elixido por unanimidade como o redactor-xefe de ''[[Solidaridad Obrera (periódicoBarcelona)|Solidaritat Obrera]]'', periódico da organización. Baixo a súa dirección, o periódico fixo unha campaña moi ofensiva contra a forza local da policía, acusando ó seu líder de estar a soldo da [[Imperio Alemán|Alemaña imperial]].
 
O 2 de abril de 1919, despois de que as [[folga de La Canadiense|protestas de La Canadiense]] sacudisen Cataluña, foi arrestado e detido e o periódico prohibido. Foi á [[Rusia]] [[bolxevique]] en marzo de 1920, para presentarse na [[Segunda Internacional]] e nas sesións preliminares da [[Internacional Sindical Vermella]], coñecendo a [[Lenin]], [[Lev Trotski|Trotski]], [[Grigory Zinoviev]], [[Karl Radek]] e outros líderes bolxeviques. Ó regreso foi detido outra vez.
93.878

edicións