Diferenzas entre revisións de «Lamarckismo»

sen resumo de edición
m (minúscula)
En [[1809]], no seu libro ''Filosofía zoolóxica'', propuxo que as formas de vida non foran creadas e permaneceran inmutábeis, como se aceptaba no seu tempo,<ref>Véxase [[Creacionismo (pseudociencia)]], [[Fixismo]]</ref> senón que evolucionaran desde formas de vida más simples, describindo as condicións que propiciarían a evolución da vida e o mecanismo polo que evolucionaría.
 
A teoría de Lamarck é a primeira teoría da [[evolución|evolución biolóxica]], adiantándose en cincuenta anos á formulación de [[Darwin]] da [[selección natural]] no seu libro ''[[A orixe das especies]]''.<ref>[http://www.oei.es/divulgacioncientifica/entrevistas_052.htm Entrevista con Lynn Margulis, ''Muchas de las cosas que nadie sabe de Darwin han pasado en Chile'', SINC, 27/11/2009] {{es}}</ref> <ref>{{cita|''A primeira teoría integral da evolución foi presentada a comenoscomenzos do século XIX por Jean-Baptiste de Monet de Lamarck quen, en boa medida, era un produto da Ilustración, tanto pola súa determinación de ofrecer unha explicación naturalista da evolución como polo seu enfoque sistémico. Dominou acabadamente a física, a química e a xeoloxía antes de embarcarse na busca de evidencias de que a evolución biolóxica ocurrera realmente. Tamén suxiriu un mecanismo da evolución, polo cal podían xurdir novas especies a través de cambios na relación entre o organismo e o seu ambiente durante a busca do primeiro por satisfacer as súas necesidades básicas, e a produción en consecuencia de novas modificacións nas súas características, as cales volveríanse hereditarias logo de moitas xeracións.''|Mae-Wan Ho, 1988, ''Genetic engineering'', páx. 90.}}</ref> <ref>{{cita|''Mención a parte merece o naturalista francés Jean Baptiste Antoine Pierre de Monet, conde de Lamarck (1744-1829). Aínda que denostado polo darwinismo pola súa teoría dos caracteres adquiridos, foi un dos maiores defensores e divulgadores das ideas evolucionistas antes de Darwin. Foi dos primeiros que explicou a variedade e os cambios morfolóxicos nos organismos: a función crea o órgano, a través do tempo de as condicións oportunas. Cuñou o termo bioloxía e estableceu a diferenza básica entre vertebrados e invertebrados.''|Eugenia Ramírez Goicoechea, ''Evolución, Cultura y complejidad''.}}</ref>
 
==Teoría==
Lamarck comezou a publicar detalles da súa teoría emen 1801. Cría que un cambio no ambiente faría que as necesidades dos organismos tamén cambiasen, causando unha alteración nos comportamentos dos organismos. Estas alteracións do comportamento facían que unha determinada estrutura ou [[órgano]] fose usado máis ou menos.
 
O uso causaría o aumento de tamaño das estuturasestruturas, mentres que o desuso produciría a diminución destas. Lamarck chamou primeira lei a esta regra (coñecida como ''a función fai ao órgano''). A segunda lei afirma que todos estes cambios son [[herdanza|hereditarios]].
O mecanismo proposto por Lamarck é bastante diferente do de Darwin, a [[selección natural]], pero o resultado previsto é semellante: adaptación continua e gradual dos organismos ao seu ambiente.
Tal como fixera despois Darwin, Lamarck cita a variedade de animais e plantas producidos pola influencia do home ([[selección artificial]], a presenza de [[órgano vestixial|órganos vestixiais]], e a presenza de estruturas [[embrión|embrionarias]] que non están presentes nos adultos. A teoría de Lamarck era bastante semellante á proposta por [[Erasmus Darwin]], avó de Charles, aínda que aparentemente nigúnningún dos dous coñecera o traballo do outro.
 
Lamarck, na súa teoría, propuxo que a vida evolucionaba "por tanteos e sucesivamente", "que a medida que os individuos dunha das nosas especies cambian de situación, de clima, de maneira de ser ou de hábito, reciben por iso as influencias que cambian pouco a pouco a consistencia e as proporcións das súas partes, da súa forma, das súas facultades e até da súa mesma organización".<ref>''Filosofía zoolóxica'', páx. 56.</ref> Sería a capacidade dos organismos de adaptarse ao medio ambiente e os sucesivos cambios que se deron nestes ambientes o que propiciaría a evolución e a actual diversidade de especies.
 
Como mecanismo para traducir estes presupostos en cambios evolutivos, propuxo o mecanismo coñecido como "heredanza dos caracteres adquiridos", refiríndosereferíndose a capacidade dos organismos de trasladar á heredanza os caracteres adquiridos en vida. Esta herdanza non sería nin directa nin individual, senón que sería despois de longo tempo de estar sometidos a parecidas circunstancias e afectarían ao conxunto dos individuos do grupo sometido a ditas circunstancias.
 
A teoría de Lamarck non foi tida en conta no momento da súa formulación, sendo 50 anos máis tarde, coa publicación de ''A orixe das especies'', cando os evolucionistas e o propio Darwin a rescataron para intentar cubrir o baleiro que a selección natural deixaba ao non propoñer a fonte da variabilidade sobre a que actuaría a selección.
{{cita|''Lamarck [...] a súa'' Filosofía zoolóxica ''(actualmente sería teoría zoolóxica) paréceme o libro máis importante da bioloxía que se escribira xamais. Lamarck foi o que aplicou o concepto de biologxa ao estudo dos seres vivos dotándoo dunha base teórica para que tivera consistencia. [...] Era unha persoa que tiña unha capacidade impresionante de compresión da Natureza, tiña unha visión belísima da Natureza...''|Máximo Sandín, ''La evolución a 150 años (luz) de Darwin'', conferencia na Universidad de Oviedo, 16/11/2009.<ref>[http://mediateca.uniovi.es/visor2/-/journal_content/56_INSTANCE_iV9s/10910/156588 Máximo Sandín, ''La evolución a 150 años (luz) de Darwin''. Conferencia na Universidade de Oviedo, 16/11/2009. Unha visión crítica da teoría de Darwin. (formato vídeo), 13:15]</ref>}}
 
Na actualidade, o lamarckismo quedou simplificado como a teoría da "heredanza dos caracteres adquiridos". A síntese ([[neodarwinismo|neodarwinista]]), formulada nos años trinta do século XX, segundo a cal a vida evoluciona a consecuencia de [[mutación|mutacionsmutacións]] aleatorias no [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] fixadas pola selección natural, é considerada, pola maioría do estamento académico, satisfactoria para describir a evolución.
 
==Notas==
 
[[Categoría:Evolución]]
{{Seniw}}
179.236

edicións