Mycobacterium leprae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
== Xenoma ==
 
''Mycobacterium leprae'' ten o tempo de duplicación (rapidez de división) maior de todas as bacterias e foi imposible cultivala no laboratorio.<ref name=Truman_2001>{{cite journal |author=Truman RW, Krahenbuhl JL |title=Viable M. leprae as a research reagent |journal=Int. J. Lepr. Other Mycobact. Dis. |volume=69 |issue=1 |pages=1–12 |year=2001 |pmid=11480310}}</ref> A comparación da secuencia do [[xenoma]] de ''M. leprae'' cocoa de ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'' proporciona unha explicación clara destas propiedades, e mostra un caso extremo de [[evolución]] redutiva. Menos da metade do seu xenoma contén [[xene]]s funcionais. A deleción e deterioración de xenes parece ter eliminado moitas actividades [[metabolismo|metabólicas]] importantes, incluíndo a produción de [[sideróforo]]s, parte da cadea oxidativa e a maior parte das cadeas [[cadea respiratoria|cadeas respiratorias]] [[respiración anaerobia|anaerobias]] e [[microaerófilo|microaerófilas]], e numerosos sistemas [[catabólico]]s e os seus circuítos regulatorios. <ref name=Cole_1998>{{cite journal |author=Cole ST, Brosch R, Parkhill J, ''et al.'' |title=Deciphering the biology of Mycobacterium tuberculosis from the complete genome sequence |journal=Nature |volume=393 |issue=6685 |pages=537–44 |year=1998 |pmid=9634230 |doi=10.1038/31159}}</ref>
 
Completouse recentemente a secuencia xenómica da cepa de ''M. leprae'' illada orixinalmente en [[Tamil Nadu]] e denominada ''TN''. A secuencia obtívose mediante unha estratexia combinada, empregando [[secuenciación do ADN|análises de secuencias de ADN]] automatizadas de [[cósmido]]s seleccionados e clons de "escopeta" de xenoma completo. Despois de finalizado este proceso, atopouse que a secuencia do [[xenoma]] contén 3.268.203 [[par de bases|parees de bases]] (bp), e ten un [[contido G+C]] medio do 57,8%, valores moito menores dos que se obtiveron para ''M. tuberculosis'', que son 4.441.529 bp e 65,6% G+C,. Uns 1500 xenes son común a ''M. leprae'' e ''M. tuberculosis''. A análise comparativa suxire que ambas as micobacterias derivan dun antepasado común e, nun estadio anterior tiveron unhas [[poza xénica|pozas xénicas]] de tamaño similar. Diminuír de tamaño desde un xenoma de 4,42 Mbp, como o de ''M. tuberculosis'', a outro de 3,27 Mbp supón a perda de unhas 1200 secuencias codificadoras de proteínas. Hai evidencias e que moitos dos xenes que estaban presentes no xenoma do antepasado común de ambas perdéronse por recombinación no xenoma de ''M.leprae''. <ref name=Cole_2001>{{cite journal |author=Cole ST, Eiglmeier K, Parkhill J, ''et al.'' |title=Massive gene decay in the leprosy bacillus |journal=Nature |volume=409 |issue=6823 |pages=1007–11 |year=2001 |pmid=11234002 |doi=10.1038/35059006}}</ref>