Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SajoR (conversa | contribucións)
Liña 50:
Na tradición litúrxica oriental, un sacerdote só pode celebrar a [[Divina Liturxia]] coa bendición dun bispo. Na tradición bizantina, colócase un ''[[antimension]]'' asinado polo bispo no altar como lembranza de que dito altar está baixo a súa autoridade. Na tradición da Igrexa Siríaca colócase un bloque consagrado de madeira chamado ''[[thabilitho]]'' polas mesmas razóns.
 
O [[Papa]], ademais de ser o bispo da [[diocese de Roma]] e xefe espiritual da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], é tamén o Patriarca doda [[RitoIgrexa LatinoLatina]]. Todos os bispos deste rito responden directamente ante el, e non ante outros bispos, agás ante un metropolitano nalgún caso. Anteriormente, o Papa empregaba o título de ''Patriarca de Occidente'', pero este título foi abandonado en 2006<ref>[http://www.aciprensa.com/noticias/benedicto-xvi-renuncia-al-titulo-de-patriarca-de-occidente/ 1 de marzo de 2006]</ref>, o que causou preocupación na Comuñón Ortodoxa por implicar, para eles, unha xurisdición papal máis ampla.
 
Nas [[catedral|catedrais]] destas igrexas existe unha cadeira (''[[cátedra]]'') especial para uso exclusivo do bispo da diocese, polo común chamada "[[trono]]". Nalgunhas denominacións cristianas, como na Comuñón Anglicana, as igrexas parroquiais tamén teñen unha cadeira reservada para o bispo no caso de visita, como forma de simbolizar a unión da parroquia co bispo.