Fronteira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q133346
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Alfándega Chaves.jpg|miniatura|dereita|250px|Edificio da alfándega na [[A Raia|Raia]] entre [[Galiza]] e [[Portugal]], que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o [[Acordo de Schengen]].]]
 
Unha '''fronteira''' define o [[linde|límite]] [[xeografía|xeográfico]] de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como [[goberno]]s, [[estado]]s, ou tamén subdivisións administrativas de tales estados ou [[país]]es.
 
Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "[[marcas]]" (así a "[[Marca Hispánica]]" de [[Carlomagno]]). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de [[Arabia Saudí]] con [[Kuwait]] e [[Iraq]] (aínda que xa non existen tales zonas).