Hostafrancs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución e adaptación da wikipedia en catalán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O nome do barrio ten a súa orixe no nome do hostal que construíu Joan Corrades i Bosch a mediados do [[século XIX]], que comprou o terreo en [[1840]] e deulle o nome da vila da que era orixinario, [[Hostrafrancs, Segarra|Hostafrancs]], na comarca da [[Segarra]]. Moi pronto este hostal fíxose coñecido entre os que utilizaban a miúdo a estrada de [[Madrid]] e querían descansar ou facer noite cando xa estaban pechadas as murallas de Barcelona, a causa da proximidade deste ao Portal de Sant Antoni. Este hostal estaba onde agora atopamos o cine Arenes, afectado polo proxecto de facer chegar a rúa Diputació ata a [[Gran Via de les Corts Catalanes|Gran Vía]].
 
Orixinalmente o terreo que se convertiríaconvertería en Hostafrancs pertenceu ao municipio de Santa Maria de Sants, futuro [[Sants]]. En [[1839]] a Deputación Provincial desvinculou o sector que ía da Ponte d'En Rabassa á Creu Coberta para pasalo a [[Barcelona]]. A igrexa de Santa Maria de Sants mantivo o control sobre esa zona ata [[1868]].
 
== Véxase tamén ==