Río Éufrates: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
edición táboa
Liña 1:
{{Río
| nome = Éufrates
| imaxe = [[Ficheiro:Boat on Euphrates.jpg|250px]]
| lenda =Barca no Éufrates en Basra (Iraq)
| nace =
| altitude da fonte = 4.500 msnm
| lonxitude = 2.780 Km
| caudal medio = 830 m³/s
| conca = 765 831 km²
| país = [[Turquía]],{{TUR}}<br>{{SYR}} [[Siria]] e [[Irak]]<br>{{IRQ}}
| desemboca = [[Golfo Pérsico]]
}}
 
O río '''Éufrates''' (nome grego tradicional, en Aramaico ''Frot/Frat'', Persa antigo ''Ufrat'', en árabe ''الفرات'', e en turco ''Fırat'') é un dos ríos que forma a [[Mesopotamia]] xuntamente co [[Río Tigris]], onde hoxe se atopa o actual [[Iraq]].
 
 
O río formase pola unión de dous afluentes: o [[Kara]] (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da [[Turquía]] ao norte de [[Ercerun]] e mailo [[Murat]] (Éufrates Oriental), que se orixina no [[lago Van]]. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre ''canóns'' e gargantas para o suroeste a través da [[Siria]] e despois do Iraq. Os ríos [[Khabur]] e [[Balikh]], que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recibe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de [[Basra]] no Sur do Iraq o río únese ao [[río Tigris]] para formaren o [[río Shatt al-Arab]], que vai desaugar no [[Golfo Pérsico]].