Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Traxectoria: arranxiños |
→Primeiros anos: arranxiños |
||
Liña 43:
[[Ficheiro:Retrato ecuestre del duque de Lerma (Rubens).jpg|miniatura|''Retrato ecuestre do duque de Lerma'', 1603, [[Museo do Prado]], [[Madrid]]. Obra realizada durante a primeira visita de Rubens a [[España]], en [[1603]]. Trátase de [[Francisco de Sandoval y Rojas, primeiro duque de Lerma|Francisco de Sandoval y Rojas]] (1553 - 1625), [[valido]] de [[Filipe III de España]].]]
Peter Paul Rubens naceu en [[Siegen]], [[Westfalia]], ([[Alemaña]]), no seo dunha familia [[calvinista]] [[Rexión flamenca|flamenca]] que en 1568 fuxira de [[Amberes]] a [[Colonia, Alemaña|Colonia]] ([[Renania do Norte-Westfalia]]) por mor das revoltas e persecucións relixiosas. O seu pai, [[avogado]], foi Jan Rubens, mentres que a súa nai foi Maria Pypelincks. Nesta cidade, o ex-maxistrado Jan Rubens foi nomeado asesor xurídico da segunda esposa de [[Guillermo de Orange]], [[Ana de Saxonia]], da que se converteu tamén en amante.
Despois de dous ou tres anos o marido descubriu o [[adulterio]] e Jan Rubens foi encarcerado no castelo de [[Dillenburg]], sendo posto en liberdade tras dous anos de cativerio, co pago dunha fianza e a imposición de residir en Siegen, unha pequena poboación a oitenta quilómetros de Colonia. Foi alí onde, tras ser perdoado pola súa esposa, tiveron ó seu sexto fillo, Peter Paul. En 1578, trala morte da princesa Ana de Sajonia, permitíuselle volver residir en Colonia, onde posiblemente, Peter Paul Rubens iniciou a súa formación artística. <ref>{{cita Harvard|Cabanne|1967|pp=16 — 18}}</ref>
Liña 49:
En 1584, o Príncipe Guillermo, líder da revolta contra a Administración Hispana, no que se chamou [[Guerra dos oitenta anos]], foi asasinado. Sucedeuno nas altas instancias flamencas un príncipe católico, fillo dun primeiro matrimonio de Guillermo, [[Filipe Guillermo de Orange-Nassau]], (1554 - 1618), [[príncipe de Orange]], quen fora retido en España durante moitos anos como unha especie de refén e formado na [[Universidade de Alcalá de Henares]].
En 1589, dous anos despois da morte de Jan, a nai de Rubens, que se convertera ó [[catolicismo]], regresou co seu fillo a Amberes, onde el proseguiu coa súa formación. Estudou [[latín]], [[alemán]], [[Lingua castelá |español]] e [[Lingua francesa|francés]] con Rombaut Verdonck, pero as penurias económicas da familia obrigárono a abandonar os estudos e entrou como paxe ó servizo da condesa Margaretha de Ligne-Arenberg, viúva de Filipe II de Lalaing, en [[Oudenaarde]]. <ref>Belkin (1998): 11–18.</ref> Non se sabe exactamente en que datas, pero crese que tivo dous mestres de pintura, [[Adam van Noort]] e [[Otto van Veen]] (Otto Vaenius),<ref>Held (1983): 14-35.</ref> aínda que non parece que deixasen unha influencia artística relevante no seu alumno.<ref>Micheletti, Emma (1966) pp. 6-7</ref>
[[Ficheiro:Rubenshuis - 03.jpg|thumb|Pórtico da casa de Rubens en Amberes, a [[Rubenshuis]], que o pintor representaría en algunhas das súas obras, como ''[[O xardín do amor]]'' ([[Museo do Prado|Prado]]).]]
Non se sabe gran cousa sobre as primeiras obras do pintor realizadas en
Rubens obtivo o grao de mestre na ''[[guilda]]'' de [[Lucas o Evanxelista|San Lucas]]. <ref>Belkin (1998): 22–38.</ref> Ademais, existe un certificado de "bos costumes e de boa saúde" que data do 8 de maio de 1600, que o artista pediu para poder realizar unha viaxe a [[Italia]]. <ref>{{cita Harvard|Cabanne|1967|p=34}}</ref>
|