Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
algo máis
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: traduzo sección de es.wiki
Liña 40:
 
== Traxectoria ==
===Primeiros anos===
[[Ficheiro:Retrato ecuestre del duque de Lerma (Rubens).jpg|thumb|''Retrato ecuestre do duque de Lerma'', 1603, [[Museo do Prado]], [[Madrid]]. Obra realizada durante a primeira visita de Rubens a [[España]], en [[1603]]. Trátase de [[Francisco de Sandoval y Rojas, primeiro duque de Lerma|Francisco de Sandoval y Rojas]] (1553 - 1625), [[valido]] de [[Filipe III de España]].]]
 
Peter Paul Rubens naceu en [[Siegen]], [[Westfalia]], ([[Alemaña]]), no seo dunha familia calvinista flamenca que en 1568 fuxira de Anveres a Colonia (Renania do Norte-Westfalia) por mor das revoltas e persecucións relixiosas. O seu pai, avogado, foi Jan Rubens, mentres que a súa nai foi Maria Pypelincks. Nesta cidade, o ex-maxistrado Jan Rubens foi nomeado asesor xurídico da segunda esposa de Guillermo de Orange, Ana de Sajonia, da que se converteu tamén en amante.
 
Despois de dous ou tres anos o marido descubriu o adulterio e Jan Rubens foi encarcerado no castelo de Dillenburg, sendo posto en liberdade tras dous anos de cativerio, co pago dunha fianza e a imposición de residir en Siegen, unha pequena poboación a oitenta quilómetros de Colonia. Foi alí onde, tras ser perdoado pola súa esposa, tiveron ó seu sexto fillo, Peter Paul. En 1578, trala morte da princesa Ana de Sajonia, permitíuselle volver residir en Colonia, onde posiblemente, Peter Paul Rubens iniciou a súa formación artística. <ref>{{cita Harvard|Cabanne|1967|pp=16 — 18}}</ref>
 
En 1584, o Príncipe Guillermo, líder da revolta contra a Administración Hispana, no que se chamou Guerra dos oitenta anos, foi asasinado. Sucedeulle nas altas instancias flamencas un príncipe católico, fillo dun primeiro matrimonio de Guillermo, Felipe Guillermo de Orange-Nassau, (1554 - 1618), príncipe de Orange, quen fora retido en España durante moitos anos como unha especie de refén e formado na Universidade de Alcalá de Henares.
 
En 1589, dous anos despois da morte de Jan, a nai de Rubens, que se converteu ó catolicismo, regresou co seu fillo a Anveres, onde el proseguiu coa súa formación. Estudou latín, alemán, español e francés con Rombaut Verdonck, pero as penurias económicas da familia obrigárono a abandonar os estudos e entrou como paxe ó servizo da condesa Margaretha de Ligne-Arenberg, viúva de Filipe II de Lalaing, en [[Oudenaarde]]. <ref>Belkin (1998): 11–18.</ref> Non se sabe exactamente en que datas, pero crese que tivo dous mestres de pintura, Adam van Noort e Otto van Veen (Otto Vaenius),<ref>Held (1983): 14-35.</ref> aínda que non parece que deixasen unha influencia artística relevante no seu alumno.<ref>Micheletti, Emma (1966) pp. 6-7</ref>
 
[[Ficheiro:Rubenshuis - 03.jpg|thumb|Pórtico da casa de Rubens en Amberes, a [[Rubenshuis]], que o pintor representaría en algunhas das súas obras, como ''[[O xardín do amor]]'' ([[Museo do Prado|Prado]]).]]
Non se sabe gran cousa sobre as primeiras obras do pintor realizadas en Anveres, aínda que hai constancia de que fixo copias de pinturas de Hans Holbein, de Alberto Durero e de Tobias Stimmer. O testamento da súa nai, María Pypelincks, dicía que legaba os seus retratos ós seus fillos pero que "todos os demais cadros, que son bonitos, pertencen a Peter, que os pintou". <ref name="PeterC">{{cita Harvard|Cabanne|1967|pp=32 — 33}}</ref> Das súas obras de mocidade, existe unha dun home de medio corpo que ten na man dereita unha escuadra e un compás, e na man esquerda, suxeitado por unha cadea, outro instrumento sen identificar; coñéceselle con varios títulos: ''Retrato dun mozo sabio'', ''O reloxeiro'' e ''O home de vinte e seis anos''. <ref name="PeterC"/> É unha [[pintura ó óleo]] sobre un ferro de cobre de pequeno formato e que se atopa nunha colección particular de Nova York; no seu dorso leva a inscrición "Petrus Paulus Rubens", e na parte dianteira está a data: "MDLXXXXVII", e a idade do modelo: "Aetatis XXVI".<ref name="PeterC"/>
 
Rubens obtivo o grao de mestre na ''guilda'' de [[San Lucas]]. <ref>Belkin (1998): 22–38.</ref> Ademais, existe un certificado de "bos costumes e de boa saúde" que data do 8 de maio de 1600, que o artista pediu para poder realizar unha viaxe a Italia. <ref>{{cita Harvard|Cabanne|1967|p=34}}</ref>
 
===Italia (1600-1608)===
A súa estadía en [[Italia]] entre 1600 e 1608 serviulle para coñecer a escultura antiga e a obra dalgúns dos máis importantes pintores do [[século XVI]]. A pintura de Rubens representa os ideais contrarreformistas e está ó servizo da política dos [[Habsburgo]]. As súas composicións caracterízanse pola súa complexidade, polo cromatismo cálido e vibrante, as potentes anatomías, o dinamismo e enerxía que chega mesmo ó violento. A partir de [[1617]] un obradoiro con numerosos empregados permítelle cumprir os encargos de amplas series. Os seus últimos anos, aproximadamente a partir de [[1635]], defínense pola súa técnica descontinua, pola unificación tonal e o debuxo diluído, á vez que pola súa sensibilidade pola vida do campo, a alegría vital dos espidos mitolóxicos e a emoción das súas obras relixiosas.
[[Ficheiro:Danza aldeanos Rubens lou.jpg|miniatura|esquerda|290px|''Danza de aldeáns'', entre 1635 e 1640. No lenzo o ritmo faise frenético e as figuras fúndense coa paisaxe por medio da unificación cromática de todos os planos.]]