Hormona liberadora da gonadotropina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 28 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q318896
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
A actividade da GnRH é moi baixa durante a [[nenez]], e actívase na [[puberdade]]. Durante os anos reprodutivos, os pulsos desta hormona son fundamentais para que o proceso reprodutivo funcione correctamente e se controle polos bucles de retroalimentación. Porén, unha vez que se establece o embarazo, xa non se require a actividade da GnRH. A actividade pulsátil pode ser interrompida por doenzas hipotalámico-hipofisarias, xa sexan disfuncións (por exemplo, [[supresión hipotalámica]]) ou lesións orgánicas (trauma, tumor). Os niveis elevados de [[prolactina]] fan diminuír a actividade da GnRH. Polo contrario, a [[insulina|hiperinsulinemia]] incrementa a actividade pulsátil, o que altera a actividade da [[LH]] e [[FSH]], como se pode ver na [[síndrome de ovario poliquístico]] (PCOS). A produción de GnRH está ausente conxenitamente na [[síndrome de Kallmann]].
 
As neuronas secretoras de GnRH están reguladas por diversas neuronas aferentes, que utilizan varios [[neurotransmisor]]es (como [[norepinefrina]], [[GABA]], [[glutamato]]). Por exemplo, a [[dopamina]] parece estimular a liberación de LH (a través da GnRH) en femias estimuladas con [[estróxeno]] e [[proxesterona]]; e a dopamina parece inhibir a liberación de LH en femias ás que se estirpou o [[ovario]]. <ref name="isbn0-521-42665-0">{{cita libro | autor = Brown RM | authorlink = | editor = | others = | título = An introduction to Neuroendocrinology | edition = | language = | editor = Cambridge University Press - Cambridge, UK | ano = 1994 | origyear = | pages = | quote = | isbn = 0-521-42665-0 | oclc = | doi = | url = | accessdate = }}</ref> A [[kisspeptina]] (proteína [[ligando]] de receptores asociados á proteína G) parece ser un importante regulador da liberación de GnRH. <ref name="pmid16373418">{{cite journal | author = Dungan HM, Clifton DK, Steiner RA | title = Minireview: kisspeptin neurons as central processors in the regulation of gonadotropin-releasing hormone secretion | journal = Endocrinology | volume = 147 | issue = 3 | pages = 1154–8 | year = 2006 | month = March | pmid = 16373418 | doi = 10.1210/en.2005-1282 | url = | issn = }}</ref> A liberación de GnRH pode tamén ser regulada polo [[estróxeno]]. Informouse de que hai neuronas produtoras de kisspeptina que tamén expresan o [[receptor do estróxeno|receptor do estróxeno alfa]]. <ref name="pmid16621281">{{cite journal | author = Franceschini I, Lomet D, Cateau M, Delsol G, Tillet Y, Caraty A | title = Kisspeptin immunoreactive cells of the ovine preoptic area and arcuate nucleus co-express estrogen receptor alpha | journal = Neurosci. Lett. | volume = 401 | issue = 3 | pages = 225–30 | year = 2006 | month = July | pmid = 16621281 | doi = 10.1016/j.neulet.2006.03.039 | url = | issn = }}</ref>
 
==A GnRH noutros órganos==