Diferenzas entre revisións de «Heparina»

*Os procedementos de diagnóstico máis comúns requiren a amplificación pola técnica da [[PCR]] do ADN do paciente, o cal se extre facilmente do [[glóbulo branco|glóbulos brancos]] do sangue tratados con heparina. Isto presenta un potencial problema, xa que a heparina pode extraerse xunto con ADN, e viuse que isto interfire coa reacción da PCR mesmo a niveis tan baixos como 0,002 U por 50 μL da mestura de reacción.<ref>{{cite journal | author=Yokota M, Tatsumi N, Nathalang O, Yamada T, Tsuda I. | title = Effects of Heparin on Polymerase Chain Reaction for Blood White Cells | journal = J. Clin. Lab. Anal. | year=1999 | volume=13 | pages=133–140 | pmid = 10323479 | doi=10.1002/(SICI)1098-2825(1999)13:3<133::AID-JCLA8>3.0.CO;2-0 | issue=3}}</ref>
 
*A heparina inmobilizada pode utilizarse como un [[ligando]] de afinidade na purificación de proteínas. O formato da heparina inmobilizada pode variar amplamente desde superficies plásticas cubertas para o diagnóstico a resinas de [[cromatografía]]. A maioría dos tipos da heparina inmobilizada poden utilizarse de tres maneiras. A primeira é usala para seleccionar factores de coagulación específicos ou outros tipos de proteínas que se unen á heparina que forman parte dunha mestura complexa de proteínas que non se poden unir á heparina. Despois poden disociarse da heparina proteínas específicas utilizando diferentes concentracións de sales ou usando un gradiente salino. O segundo modo é utilizar a heparina como un cambiador catiónico de alta capacidade. Este uso aproveita o feito de que a heparina ten un grande número de grupos sulfato aniónicos. Estes grupos capturan as moléculas ou proteínas que teñen unha carga global positiva, é dicir, non interveñen na coagulación e non se unen a nucleótidos. O terceiro xeito de utilizar a heparina inmobilizada é a purificación específica de grupos de proteínas que se unen ao [[ARN]] e [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], como [[factor de transcrición|factores de transcrición]] e/ou proteínas de virus. Esta metodoloxía baséase na semellanzsa estrutural da heparina co ARN e ADN, por ser unha macromolécula formada por azucres cargados negativamente.
 
== Toxicoloxía ==
190.249

edicións