Ligando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Myoglobin and heme.png|miniatura|300px|dereita|A [[mioglobina]] (azul) co seu ligando [[hemo]] (laranxa) unido. Baseado en [http://www.rcsb.org/pdb/explore/explore.do?structureId=1MBO PDB - 1MBO].]]
 
En [[bioquímica]] e [[farmacoloxía]], un '''ligando''' (do latín ''ligandum'', unión) é unha substancia (xeralmente unha pequena molécula), que forma un [[Complexo (química)|complexo]] cunha [[biomolécula]] para realizar unha función biolóxica. Nun senso máis estrito, é unha molécula que desencadea un sinal ao unirse a un sitio de unión nunha [[proteína]] diana. Entre os ligandos están entre outros os [[Substrato encimático|substrato]]s, [[inhibidor encimático|inhibidores encimáticos]], [[activador (proteómica)encimático|activador]]es, [[hormona]]s e [[neurotransmisor]]es.
 
A unión do ligando ten lugar por [[forzas intermoleculares]], como [[enlace iónico|enlaces iónicos]], [[enñace de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] e [[forzas de van der Waals]]. A unión ou "atraque" co receptor (a asociación entre ambos) é xeralmente reversible, polo que despois se produce a disociación. É raro nos sistemas biolóxicos que se una por medio dun [[enlace covalente]] irreversible. A diferenza do significado que ten ligando en [[metalorgánica]] e [[química inorgánica]], en bioquímica é ''irrelevante'' que o ligando se una a un sitio metálico, pero si ocorre nalgúns casos, como na [[hemoglobina]].