Remo (deporte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 52 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q159354
m por que de fronte ou de costas
Liña 1:
CoñéceselleCoñécese como '''remo''' óo conxunto de disciplinas deportivas que consisten na propulsión dunha embarcación por medio da forza muscular dun ou varios remeiros, que poden empregar un ou dous remos, sempre usados como [[panca]]s, cun punto de fixación á embarcación. O remo distínguese do [[piragüismo]] en que neste último o deportista vai colocado de fronte ó movemento porque non fai panca co remo para avanzar, mentres que nas disciplinas de remo, o deportista vai sempre sentado de costas ó sentido do movemento.
 
Nunha embarcación de remo, tódolos elementos están fixados ó corpo da embarcación, incluídos os propios remos (unidos por unha articulación), menos o banco no que se senta o remeiro. Este banco pode ser fixo ou móvil, de tal xeito que hai dúas categorías principais dentro do deporte do remo, o remo de banco fixo, e o remo de banco móvil. A diferencia principal entre unha e outra categoría é que no remo de banco fixo, o esforzo realízase nos brazos e nas costas, mentres que no remo de banco móvil, éste deslízase sobre unhas rodas pequenas de xeito que o esforzo realízase nos brazos, nas costas e tamén nas pernas. Os remo de banco móvil practícase sobre augas tranquilas.