Caritel, Ponte Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Coordenadas|42|22|49|N|08|27|39|W|display=title}}

{{Outroshomónimos|Caritel}}

{{Parroquia
|nome = Caritel
Liña 14 ⟶ 12:
|entidades = 5

'''Santa María de Caritel''' é unha parroquia que se localiza no concello [[Provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Ponte Caldelas]]. Segundo o [[IGE]] en [[2009]] tiña 355 habitantes (186 mulleres e 169 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 385 habitantes.

Caritel pertenceu ao [[arciprestado do Morrazo]] ao longo de toda a súa historia parroquial ata finais do século XIX; situado a máis de 15 kilómetrosquilómetros en liña recta da [[península do Morrazo]], tratábase da parroquia máis oriental e extrema do dito [[arciprestado]].

==Patrimonio==
A igrexa parroquial é de estilo neogótico, deseñada por Álvaro Reyero e mais polo arquitecto diocesano Miguel Hernández. Ten [[planta basilical]], cunha soa nave cuberta con bóveda de crucería de catro tramos separados por arcos faxóns. Ao longo da nave ten vidreiras policromadas nos dous lados.

Anteriormente no campo da festa estaba a capela da Inmaculada Concepción, construción barroca do século XVIII substituída polo actual templo. A carón da igrexa hai un cruceiro.

Na parroquia hai catro [[peto de ánimas|petos de ánimas]] ou esmoleiros<ref>[[Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez|Fernández de la Cigoña Núñez, E.]]: ''Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra''. Ir Indo, 1998.</ref>:

-*O peto de ánimas da Estrada é de tipo pechado, con caixón de esmolas, coroado cunha pequena cruz. O retablo é de madeira policromada, coa Virxe do Carme co neno sobre unha gran nube. Aos lados dous anxos axudan a dúas ánimas a saír das lapas. Na parte de abaixo hai a figura dun bispo, acompañada dunha ánima-muller á esquerda e dun home barbudo á dereita.

-*O peto da Virxe de Fátima está nunha vivenda a carón do anterior. É unha táboa de nove azulexos policromados coa Virxe de Fátima e tres pastorciños, co peto cunha porta de ferro máis abaixo.

-*O peto de ánimas das Almiñas do Río está no camiño de [[Fraga, Caritel, Ponte Caldelas|Fraga]] a Ponte Caldelas, preto do río Lapea na súa desembocadura no [[río Verdugo|Verdugo]]. É de tipo pechado, coroado por unha cruz e cun pousadoiro cunha caveira con dúas tibias. O fornelo está enreixado, e debaixo del hai o cano dunha fonte. O panel é de madeira policromada, con Santo Antón co neno Xesús nos brazos. Hai cinco ánimas. Inclúe o texto A DEVOCIÓN DE MANUEL CABIRTA CONCHA.

-*O peto da Breixiña está encaixado a un muro no camiño vello a [[Forzáns, Ponte Caldelas|Forzáns]]. É de tipo pechado, cunha cruz sobre a meseta. Ten unha porta metálica con cristal. O panel é de madeira policromada cunha Virxe nas nubes. Hai cinco ánimas: no medio un cura con bonete; na ringleira superior, a ánima dunha monxa e a dun frade, e na inferior un home barbudo á dereita e unha muller á esquerda. Inclúe a inscrición BENITO BOULLOSA.

A fonte das Raíces foi reconstruída en outono de 1997, con cartos de [[Manuel Cordo Boullosa]].