Kary Mullis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 31:
En 1972 trasladouse a [[Kansas]] seguindo á súa esposa, e conseguiu emprego como investigador en [[cardioloxía]] pediátrica, adquirindo formación en [[bioloxía]]. Roto o seu matrimonio, volveu a California, traballando un tempo na [[Universidade de San Francisco]], como investigador en química farmacéutica, no campo das [[Péptido opioide|endorfinas]]. En 1979 foi contratado pola compañía californiana Cetus Corporation, onde traballaba con [[oligonucleótido]]s (secuencias curtas de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] ou [[ARN]]).
 
En [[1985]], mentres seguía traballando en Cetus, desenvolveu a técnica da [[reacción en cadea da polimerasa]], (PCR nas súas siglas en inglés), unha das técnicas centrais en [[bioloxía molecular]], que permite a amplificación dunha secuencia específica de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] usando [[nucleótido]]s trifosfatados e unha [[ADN polimerasa|polimerasa de ADN]]. A idea de multiplicar unha hebra de ADN millóns de veces veulle en [[1983]] pero non convenceu aos seus colegas da compañía, polo que tivo que demostrar en por si a aplicabilidade da técnica. A versión da técnica desenvolvida inicialmente por Mullis, aínda que efectiva, era pouco eficiente, ata que se lle ocorreu empregar polimerasas do ADN termoestables, extraídas de microorganismos [[Termófilo|termofílicos]], inicialmente a polimerasa chamada ''[[Taq]]'', procedente de ''[[Thermus aquaticus]]''.<ref>{{Cita web |url=http://siarchives.si.edu/research/videohistory_catalog9577.html |título=The History of PCR |dataacceso=6 de marzo de 2011|autor= |data= |obra=Smithsonian Institution Arquives |lingua= {{en}} |cita= }}</ref>
 
Por esta invención, de gran valor en [[biotecnoloxía]] e como ferramenta de investigación científica e forense, en [[1993]] recibiu o [[Premio Xapón]] e o [[Premio Nobel de Química]], compartido co [[Canadá|canadense]] [[Michael Smith (químico)|Michael Smith]]. Cetus, a compañía de Mullis, deulle unha recompensa de 10.000 dólares pola invención da PCR e logo vendeu a patente por 300.000.000 de dólares a Roche Molecular Systems, unha sección da importante compañía farmacéutica [[Hoffmann-A Roche]].