Sentido (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
Para entender ben o concepto cómpre ter en conta que a [[transcrición xenética|transcrición]] do ARN se realiza por complementariedade de bases e que o ADN xeralmente é bicatenario. Só unha das cadeas do ADN se transcribe a ARN; esa cadea e o ARN formado a partir dela son complementarios en bases, polo que a súa secuencia non é igual. A outra cadea do ADN non se transcribe pero é de secuencia idéntica á do ARN, pero con T en vez de U (e é complementaria da outra cadea de ADN). Só se traduce a proteínas no [[ribosoma]] o [[ARNm]], nunca o ADN.
 
Os biólogos moleculares chaman cadea ""sentido"" ou "con sentido" ou cadea "positiva" (+) á cadea que ten a secuencia igual á do ARNm que vai ser traducido a proteínas, pero o ARNm non se transcribiu dela senón da outra cadea de ADN. Por tanto, os seus [[codón]]s son os mesmos que determinan a secuencia da proteína nese xene, xa que son os mesmos que leva o ARNm.
 
A outra cadea do ADN chámase "antisentido" ou cadea "negativa" (-) porque a súa secuencia é distinta da do ARNm traducible, polo que a súa secuencia carece de sentido xenético se se intentasen traducir os seus codóns. Porén, é desta cadea da que se transcribiu o ARNm de forma complementaria en bases.