Virus de ARN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46:
Os virus de ARN animais clasifícanse <ref>ICTVdb [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ICTVdb/Ictv/fr-fst-g.htm]</ref> en tres grupos dependendo do seu xenoma e modo de replicación (e os grupos numéricos baseados na vella [[clasificación de Baltimore]]):
 
*[[Virus de ARN bicatenariosbicatenario]] (Grupo III), que conteñen desde unha a unha ducia de moléculas diferentes de ARN, cada unha das cales codifica unha ou máis proteínas virais.
*[[Virus de ARN monocatenariosmonocatenario de sentido positivo]] (Grupo IV), que utilizan o seu xenoma directamente como ARNm, o cal é traducido polos [[ribosoma]]s do hóspede nunha soa proteína que é modificada polo hóspede e por proteínas virais para formar as diversas proteínas que cómpren para a replicación do virus. Unha delas é a [[ARN polimerase ARN-dependente]] (ou ARN replicase), que copia o ARN viral para formar unha forma replicativa de dobre cadea, que á súa vez dirixe a formación de novos virións.
*[[Virus de ARN monocatenariosmonocatenario de sentido negativo]] (Grupo V), que deben copiar o seu xenoma utilizando unha [[ARN polimerase ARN-dependente]] para formar ARN de sentido positivo. Isto significa que o virus debe levar con el este [[encima]] ARN replicase. A molécula de ARN de sentido positivo actúa despois como ARNm viral, que é traducido a proteínas polos ribosomas do hóspede. As proteínas resultantes pasan a dirixir a síntese de novos virións, como as proteínas da [[cápsida]] e a ARN replicase, que se usa para producir novas moléculas de ARN de sentido negativo.
 
Os [[retrovirus]] (Grupo VI) teñen un xenoma de ARN monocatenario pero non se consideran xeralmente dentro do grupo dos virus de ARN porque utilizan intermediatos de ADN para replicarse. O encima viral [[reversotranscritase]], que se encontra no interior do virus e se libera cando este se decapsida, converte o ARN viral nunha fibra complementaria de ADN, que despois se copia para producir a cadea complementaria orixinando unha molécula de ADN viral bicatenario. Despois este ADN intégrase nun cromosoma do hóspede utilizando o encima viral [[integrase]]. A expresión dos xenes codificados nese ADN integrado pode dar lugar á formación de novos virións.