Virus de ARN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
===Virus de ARN monocatenario e sentido do ARN===
Os virus de ARN poden clasificarse de acordo co sentido ou polaridade do seu [[ARN]] en tres grupos: virus con ARN con [[Sentido (bioloxía molecular)|sentido negativo]] (ou "antisentido"), virus con ARN de [[Sentido (bioloxía molecular)|sentido positivo]] (ou "sentido"), ou virus con ARN [[ambisentido]]. O ARN viral de sentido positivo é similar ao [[ARNm]] e pode ser [[tradución de proteínas|traducido]] inmediatamente polos ribosomas da célula [[hóspede]]. O ARN viral de sentido negativo é complementario ao ARNm que tería que ser traducido, polo que debe ser convertido primeiro nun ARN complementario de sentido positivo por unha [[ARN polimerase]] antes de que se poida realizar a tradución. Por tanto, un ARN purificado dun virus de sentido positivo pode causar directamente unha infección aínda que pode ser menos infeccioso ca a partícula completa do virus. O ARN purificado dun virus de sentido negativo non é infeccioso por si mesmo, xa que precisa ser [[transcrición xenética|transcrito]] a un ARN de sentido positivo; cada [[virión]] pode ser transcrito a varios ARNs de sentido positivo. Os virus con ARN [[ambisentido]] parécense aos de sentido negativo, excepto que tamén traducen xenes da cadea positiva.<ref>{{cite journal |author=Nguyen M, Haenni AL |title=Expression strategies of ambisense viruses |journal=Virus Res. |volume=93 |issue=2 |pages=141–50 |year=2003 |pmid=12782362 | doi = 10.1016/S0168-1702(03)00094-7}}</ref>
 
===Virus de ARN bicatenario (dsRNA)===