Sentido (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 53:
===Sentido negativo (-)===
O ARN viral de sentido negativo (3' a 5') é complementario do ARNm viral, polo que non pode ser directamente traducido a proteínas e debe ser convertido primeiro por unha [[ARN polimerase]] nun ARN de sentido positivo (complementario) antes da tradución, xa que este é o que funciona como ARNm. Algúns virus, como o da [[gripe]] por exemplo, teñen este tipo de xenomas e deben levar dentro do virión unha [[ARN polimerase]].
 
==ARN antisentido==
O ARN '''antisentido''' é un transcrito de ARN que é complementario a un ARNm [[endóxeno]]. Noutras palabras, é unha cadea non codificante complementaria da secuencia codificante do ARN; isto é similar ao ARN viral de sentido negativo. A introdución dun [[transxene]] que codifica un ARN antisentido é unha técnica utilizada para bloquear a expresión dun xene que interese. O ARN antisentido marcado radioactivamente pode usarse para mostrar o nivel de transcrición de xenes en varios tipos de células. Algúns [[análogos de ácidos nucleicos|tipos estruturais antisentido alternativos]] estnse a aplicar experimentalmente como [[terapia antisentido]].
 
Cando o ARNm forma un dúplex cunha secuencia complementaria de ARN antisentido, a tradución queda bloqueada. Este proceso denomínase [[interferencia de ARN]].
 
Utilízanse experimentalmente moléculas de ácidos nucleicos antisentido para que se unan a un ARNm determinado e impedir así a expresión de xenes específicos. As [[terapia antisentido|Terapias antisentido]] están tamén en desenvolvemento e nalgúns países xa hai varias aprobadas para uso en humanos como os oligos fosforotioato antisentido [[fomivirsen]] e [[mipomersen]]<ref>Staff (29 January 2013) [http://www.fda.gov/NewsEvents/Newsroom/PressAnnouncements/ucm337195.htm FDA approves new orphan drug Kynamro to treat inherited cholesterol disorder] U.S. Food and Drug Administration, Retrieved 31 January 2013</ref>.
 
As células poden producir de forma natural moléculas de [[ARN antisentido]], que interaccionan con moléculas de ARNm complementarias da célula e inhiben a súa expresión.
 
==Oligonucleótidos antisentido==