LibraryThing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
funcións, da wikipedia francesa e italiana
Liña 1:
{{enuso}}
'''LibraryThing''' é unha [[aplicación web]] de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado <ref>Susan L. Gibbons (2007) ''The Academic Library and the Net Gen Student: Making the Connections''. American Library Association, páx.67 </ref> que permite as valoracións e os comentarios, destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a [[internet]] de forma pública o [[29 de agosto]] de [[2005]]<ref>Sterken, V. ''Analysis of user generated metadata in the LibraryThing folksonomy'', tese de doutoramento inédita, Universidade Libre de Bruxelas, 2008.[http://www.abd-bvd.be/cah/papers/2009-1_Sterken.pdf Resume]</ref>. En xullo de 2013 tiña máis de 1.700.000 usuarios rexistrados e máis de 83.000.000 de libros catalogados<ref>[http://glg.librarything.com/zeitgeist Estatísticas de LibraryThing, consultado o 10 de xullo de 2013]</ref>.
 
== Funcións ==
A inscrición na web é gratuíta mais só permite inserir un máximo de 200 libros, sendo preciso pagar unha cota anual ou vitalicia para engadir máis. A función máis importante de LibraryThing é a catalogación automática de libros, importándoos de bases de datos de distribuidores e bibliotecas por medio do protocolo [[Z39.50]]<ref>[http://schools.natlib.govt.nz/mi/node/578 National Library of New Zealand. Services to Schools]</ref>,totalizando unhas 700 fontes dispoñibles de todo o mundo, aínda que polo de agora non hai ningunha galega, que fornecen rexistros [[MARC]] e [[Dublin Core]] a LibraryThing. Tras enviar o ISBN ou algunha palabra clave como o título ou o autor e atopar o libro e a edición correcta prémese para engadilo ao catálogo do usuario. Se o libro ou a edición atopadas non están dispoñibles ou os datos non son correctos pódese engadir manualmente ou modificar o rexistro posteriormente. Tamén se poden importar libros polo [[ISBN]] ou do catálogo doutro membro.
 
A función "Recomendacións", aparecida en abril de 2006, fornece recomendacións de libros baseadas nos catálogos con libros semellantes e tamén amosa as recomendacións de lectura a partir dun libro ou dun autor específico.
== Notas ==
 
 
{{Listaref}}