Andy Warhol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado datos na táboa
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado da es.wiki
Liña 24:
'''Andy Warhol''', nado o [[6 de agosto]] de [[1928]] en [[Pittsburgh, Pensilvania|Pittsburgh]], [[Pensilvania]], e finado o [[22 de febreiro]] de [[1987]] en [[Nova York]], foi un pintor, [[Director de cine|director cinematográfico]] e publicista [[Estados Unidos|americano]], ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como [[arte pop]]. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de [[Hollywood]], xente adiñeirada e aristócratas.
 
Foi pioneiro na arte xerada por ordenador, usando ordenadores [[Amiga]] que apareceron en [[1985]], xutoxusto antes da súa morte en [[1987]]. Fundou a revista ''[[Interview Magazine]]'' e foi o autor de numerosos libros, como ''The Philosophy of Andy Warhol'' e ''Popism: The Warhol Sixties''.
 
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Warhol naceu en [[Pittsburgh]] co nome de '''Andrew Warhola''', de pais inmigrantes [[Eslovaquia|eslovacos]]. Foi o cuarto dos fillos do matrimonio, aínda que o primeiro morrera antes de que os pais viaxasen aos [[Estados Unidos]]; os outros dous eran Paul, nado en 1923 e John, en 1925. Cara 1939 Andy comezou a coleccionar cartas asinadas de estrelas de cine.
Warhol naceu en [[Pittsburgh]] co nome de '''Andrew Warhola''', e era fillo de inmigrantes [[Eslovaquia|eslovacos]]. Os seus pais eran Andrej e Julia Warhola, orixinarios dunha Miková por aquel entón pertencente ó [[Imperio austrohúngaro]]. En [[1914]] Andrej Warhola emigrou ós Estados Unidos para traballar nas minas de carbón, mentres que a súa muller emigrou sete anos despois cos seus dous fillos maiores. Foi o cuarto dos fillos do matrimonio, aínda que o primeiro morrera antes de que os pais viaxasen aos [[Estados Unidos]]; os outros dous eran Paul, nado en 1923 e John, en 1925. Mentres cursaba terceiro de primaria, Andy comezou a sufrir o mal popularmente coñecido como ''baile de San Vito'', é dicir, a [[corea de Sydenham]]. Esta enfermidade provoca unha afección do sistema nervioso que causa movementos incontrolados das extremidades e desordes na pigmentación da pel. Dende entón foi [[Hipocondría|hipocondríaco]] e desenvolveu un gran medo a médicos e hospitais. Pasou boa parte da súa infancia deitado nunha cama, converténdose nun marxinado entre os seus compañeiros de clase e forxando unha forte fixación cara a súa nai.<ref>{{cita libro |nome=Fred Lawrence |apelidos=Guiles |título=Loner at the ball: the life of Andy Warhol |editorial=[[Bantam Books]] |localización=[[Londres]] |ano=1989 |páxinas= |isbn=0-593-01540-1 |oclc=19455278}}</ref> Mentres estaba na cama debuxaba, escoitaba a radio e coleccionaba imaxes de estrelas de cine que colocaba arredor da súa cama. Máis tarde, definiu esta etapa da súa vida como moi importante no desenvolvemento posterior da súa personalidade, as súas habilidades e os seus gustos.
 
=== Comezos da súa carreira ===
Estudou arte comercial no Carnegie Institute of Technology (agora Carnegie Mellon University), graduouse en [[1949]] e marchou para [[Nova York]], onde traballou como ilustrador e publicista para revistas como ''[[Vogue]]'' ou ''Harper's Bazaar''. En [[1962]] iniciou as súas series de debuxos máis famosas, ''Campbell's'' e ''Coca Cola''. En [[1963]] dirixiu o seu primeiro filme, ''Sleep'', de seis horas de duración.
Decidiu estudar Arte comercial na [[Universidade Carnegie Mellon]] ([[Pittsburgh]]). En [[1949]] trasladouse a [[Nova York]] para iniciar unha carreira como ilustrador de revistas e [[Publicidade|publicista]]. Durante a década dos 50, gañou certa reputación grazas ás súas ilustracións para un anuncio de zapatos.
 
Coa difusión das novas tecnoloxías do [[Disco de vinilo|vinilo]] e a [[alta fidelidade]], as empresas discográficas atopáronse nun contexto comercial completamente novo que non tardarían en explotar. A [[Radio Corporation of AmericaRCA]] contratou a Warhol e a [[Sid Maurer]], entre outros artistas [[Traballador independente|freelance]], para o departamento de deseño de portadas de discos, carteis e material promocional.<ref>{{cita libro |nome=Andrew |apelidos=Oldham|coautores=Simon Spence e Christine Ohlman |título=2Stoned |editorial=[[Secker and Warburg]] |localización=[[Londres]] |ano=2002 |páxina=137 |isbn=0-436-28015-9 |oclc=50215773}}</ref>
 
=== Os anos 60 ===
[[Ficheiro:Campbells.jpg|miniatura|270px|dereita|A serie de [[Latas de sopa Campbell]], tamén coñecida como ''32 latas de sopa Campbell'',<ref>Frazier, p. 708</ref> foi producida por Warhol en [[1962]] e é un dos seus traballos máis coñecidos.]]
A súa primeira exposición individual foi en la galería californiana Ferusel.<ref name="An38">{{cita libro |nome=Callie |apelidos=Angell |título=Andy Warhol screen tests: the films of Andy Warhol: catalogue raisonné |editorial=[[Harry N. Abrams, Inc.]] |localización=[[Nova York]] |ano=2006 |páxina=38 |isbn=0-8109-5539-3 |oclc=61162132}}</ref><ref name="L32">{{cita libro |nome=Marco |apelidos=Livingstone |título=Pop art: an international perspective |editorial=Rizzoli |localización=[[Nova York]] |ano=1992 |páxina=32 |isbn=0-8478-1475-0 |oclc=25649248}}</ref> Era o [[9 de xullo]] de [[1962]] e marcou o debut do movemento [[pop art]] na [[Costa oeste dos Estados Unidos|costa oeste]].<ref name="L158">{{cita libro |nome=Lucy R. |apelidos=Lippard |título=Pop art |editorial=[[Thames & Hudson]] |localización=[[Londres]] |ano=1970 |páxina=158 |isbn=0-500-20052-1 |oclc=220727847}}</ref> Catro meses máis tarde, entre o [[6 de novembro|6]] e o [[24 de novembro]], inaugurou a súa primeira exposición en [[Nova York]]. Concretamente na galería Stable, propiedade de Eleanor Ward. Alí incluíu ''O díptico de Marilyn, 100 latas de sopa, 100 botellas de cola'' e ''100 billetes de dólar'' e ademais coñeceu a [[John Giorno]], con quen despois coincidiría no primeiro de Warhol: ''Sleep'' ([[1963]]).
 
Nesa época empezou a pintar os seus famosos debuxos da sopa Campbell e das botellas de [[Coca-Cola]], ós que consideraba tan iconas estadounidenses como [[Marilyn Monroe]], [[Troy Donahue]] ou [[Elizabeth Taylor]]. Tamén fundou o seu estudio ''[[The Factory]]'', por onde pasaron artistas, escritores, modelos, músicos e ''celebrities [[underground]]'' do momento. O taller, decorado con follas de papel de aluminio cor prata, estaba inicialmente na rúa 47. Despois, mudaríase a [[Broadway]]. A súa obra comezou a ser moi coñecida e desatou certas polémicas sobre o papel do artista e a finalidade da arte.
 
Desenvolveu unhas imaxes persoais a partir de obxectos completamente impersoais, como billetes de [[dólar]] ou novos produtos de moda. Utilizaba imaxes propias dos xornais, os carteis e a [[televisión]] para definir un [[olimpo]] particular, composto de símbolos da [[Cultura de Estados Unidos|cultura estadounidense]]: a [[cadeira eléctrica]], as fotografías de cargas policiais contra manifestantes polos [[dereitos civís]] ou os retratos de celebridades da época.<ref>''"Todos os meus retratos teñen que ter o mesmo tamaño para que encaixen todos xuntos e formen un gran cadro chamado 'Retratos de sociedade'. É unha boa idea. Non?. Se cadra o Metropolitan Museum quererao algún día".''; vid. artigo con motivo dunha exposición.[http://www.laopiniondemurcia.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031800_12_157516__Cultura-y-Sociedad-mundo-Andy-Warhol]</ref> A botella de [[Coca-Cola]] converteuse, para el, nun tema pictórico. Sobre isto declarou:
 
{{cita|''O que é xenial deste país é que os Estados Unidos iniciaron unha tradición na que os consumidores máis ricos compran esencialmente as mesmas cosas que os máis pobres. Podes estar vendo a tele, ver un anuncio de Coca-Cola e sabes que o Presidente bebe Coca-Cola, Liz Taylor bebe Coca-Cola e pensas que ti tamén podes beber Coca-Cola. Unha cola é unha cola, e ningún diñeiro do mundo pode facer que encontres unha cola mellor que a que está a beber o mendigo da esquina. Tódalas colas son a mesma e tódalas colas son boas. Liz Taylor sábeo, o Presidente sábeo, o mendigo sábeo, e ti sábelo.''|Andy Warhol}}<ref>{{cita libro |nome=Andy |apelidos=Warhol |título=[[The Philosophy of Andy Warhol|The philosophy of Andy Warhol: from A to B and back again]] |editorial=Harcourt Brace Jovanovich |localización=San Diego |ano=1975 |páxina= |isbn=0-15-189050-1 |oclc=1121125}}</ref>
 
O [[MOMA]] organizou un simposio sobre arte pop en decembro de [[1962]] e algúns artistas, entre eles Warhol, foron atacados por «renderse» ó consumismo. Para as sofisticadas elites que ditaban a crítica de arte, o entusiasmo que Warhol sentía pola [[consumismo|cultura do consumismo]] resultaba vergoñento e inadmisible. Este simposio definiu o ton en que se ía recibir a obra de Warhol, aínda que ó longo dos anos 60 ía facerse cada vez máis evidente que se deran profundos cambios na cultura e no mundo da arte. Tamén, que Warhol xogou un papel esencial nese cambio.
 
[[Ficheiro:Marilyn Monroe.jpg|miniatura|287px|dereita|[[Marilyn Monroe]] foi inmortalizada nunha das obras máis coñecidas de Andy Warhol.]]
Un evento crucial foi a exhibición ''The American supermarket'', unha mostra celebrada en [[1964]] na galería Paul Bianchinni, no [[Upper East Side]] de [[Manhattan]]. A exposición estaba organizada como o típico pequeno [[supermercado]] estadounidense, aínda que os produtos exhibidos (conservas, carne ou pósters) eran obra de prominentes artistas do pop: [[Mary Inman]], [[Robert Watts]] ou o controvertido [[Billy Apple]]. A contribución de Andy Warhol foi unha pintura dunha lata de sopa Campbell, valorada en 1.500 dólares. O curioso é que a lata tan só custaba 6 dólares. A exposición foi un dos primeiros actos públicos nos que se confrontou ó público coa [[arte pop]] e a cuestión proposta polas vangardas clásicas sobre ''que'' podía ser arte.
 
Como xa fixera na súa etapa de ilustrador comercial nos 50, Warhol recorreu a asistentes para aumentar a produtividade do seu [[taller]] artístico. Esta colaboración tamén supuxo encarnizadas polémicas sobre os seus métodos de traballo e o seu valor como arte, especialmente durante os anos 60. Un dos colaboradores máis importantes cos que contou nesta época foi [[Gerard Malanga]], que o axudou na produción de [[serigrafía]]s, filmes, [[escultura]]s e outras obras producidas en ''The Factory''. Outros colaboradores esporádicos foron [[Freddie Herko]], [[Ondine (actor)|Ondine]], [[Ronal Travel]], [[Mary Woronov]], [[Billy Name]] e [[Brigid Berlin]] (que foi quen, ó parecer, lle deu a idea de gravar as súas conversas telefónicas).
 
Durante os anos 60 tamén reuniu a unha comitiva de excéntricos e bohemios, a quen el designaba como as ''superstars'', e que incluía a [[Edie Sedgwick]], [[Viva (actriz)|Viva]] e a célebre [[Ultra Violet]]. Todos eles adoitaban actuar nos filmes de Warhol e algúns, como Berlin, mantiveron unha estreita amizade co artista ata a súa morte. A súa relación con artistas como a cantante Frangeline, o escritor [[John Giorno]] ou o cineasta [[Jack Smith]] (que tamén figurou nalgunhas curtas de Warhol) revelaba a súa estreita relación con distintas clases de produción artística. Cara o final desa década, o mesmo Warhol convertérase nunha celebridade e aparecía frecuentemente na [[Prensa escrita|prensa]], escoltado por algún dos seus compañeiros na ''Factory''.
 
En 1965 coñeceu ó grupo de música ''[[The Velvet Underground]]'', liderado por [[Lou Reed]]. Non tardou en converterse no ''mánager'' do grupo e engadir á súa amiga, a cantante alemá [[Nico (cantante)|Nico]]. En [[1967]] saíu ó mercado o disco dos Velvet chamado ''The Velvet Underground and Nico: Andy Warhol'', producido por este último. Ese mesmo ano, por diferenzas co resto do grupo, Nico retirouse e os servizos de Warhol xa non foron necesarios. En [[1969]] comezou a publicar a súa revista ''[[Interview (revista)|Interview]]''.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==