Principado de Salerno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 9:
O seguinte gobernante, [[Guaimaro II de Salerno|Guaimaro II]], levou o principado de Salerno a uns momentos álxidos. Tomou parte na [[batalla de Garigliano]] contra os musulmás o [[915]]. O fillo de Guaimaro, [[Xisulfo I de Salerno|Xisulfo I]], tivo que superar unha tentativa de invasión de [[Xoán III de Nápoles]] e [[Landulfo II de Benevento]]. Posteriormente saíu en defensa de Pandulfo Testa de Ferro, que era príncipe de Capua e Benevento. Ao morrer sen descendentes decidiu entregar o principado a Landulfo. Entre [[978]] e [[983]] Salerno foi gobernado por príncipes de fora das casas de Capua e Amalfi. Neste último ano subiu ao poder [[Xoán II de Salerno|Xoán]], da casa de Spoleto. Con el e os seus sucesores o principado viviu un último período de esplendor. O seu fillo [[Guaimaro III de Salerno|Guaimaro III]] tivo que enfrontar os ataques sarracenos, porén contou coa axuda de mercenarios [[normandos]]. Após o seu reinado floreceu a [[Schola Medica Salernitana]].
 
[[Guaimaro IV de Salerno|Guaimaro IV]] uniu o seu principado co de [[Principado de Capua|Capua]]. Despois, coa axuda de [[Conrado II]], emperador romano xermánico estendeu os seus dominios sobre as cidade-estado de [[Gaeta]], [[Nápoles]] e [[Amalfi]]. O fillo de Conrado, [[Henrique III de Alemaña|Henrique III]], sucesor seu, expulsou a Guaimaro de Capua o [[1047]] para limitar o seu poder. Aos poucos Salerno foi declinando. En [[1077]] o último príncipe longobardo [[Xisulfo II de Salerno|Xisulfo]] foi derrotado polo [[normandos|normando]] [[Robert Guiscard]], duque de [[Puglia]]. Salerno deixou de ser a capital dun próspero principado independente para pasar a ser a capital do [[ducado de Puglia, Calabria e Sicilia]].
 
==Príncipes de Salerno==