Psicanálise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 72 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q41630
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Historia ==
A historia da psicanálise comeza cos traballos de [[Sigmund Freud]], un neurólogo interesado en atopar un tratamento efectivo para pacientes con síntomas [[neurose|neuróticos]] ou [[Histeria|histéricos]] en Viena (Austria) na década de [[1890]]. Da consulta cos seus pacientes, Freud chegou a postular que os seus problemas nacían de desexos e fantasías sexuais socialmente inaceptables e polo tanto reprimidos e [[inconscientes]]. A medida que foi desenvolvendo a súa teoría incluiría así mesmo desexos e fantasías de natureza [[agresión|agresiva]]. Freud consideraba estes aspectos da vida [[instinto|pulsións instintivas]], enerxía libidinal, os instintos de [[Eros (Freud)|Eros]] e [[Tánatos]]. O concepto freudiano de Eros/Libido abranguía todos os instintos creativos e sostedores da vida. O instinto da morte representaba o impulso de regreso ó estado de calma, de non-existencia. Desde os tempos de Freud, a psicanálise desenvolveuse de moitas formas, en especial, como estudo do sentido [[persoalpersoa]]l, [[interpersoal]] e [[intersubxectivo]] do eu.
 
As escolas de psicanálise máis destacadas inclúen: a [[psicoloxía do ego]] ("ego psychology"), que pon de relevo os mecanismos e as fantasías inconscientes; a [[psicoloxía do self]] ("self psychology"), que enfatiza o desenvolvemento dun sentido estable do eu a través do contacto mutuamente empático con outros humanos; a [[psicanálise lacaniana]], que integra a psicanálise coa semiótica e coa filosofía hegeliana; a [[psicoloxía analítica]], que ten unha aproximación máis espiritual; a [[teoría de relacións obxectuais]] ("object relations theory"), que acentúa a dinámica das relacións dun cos outros tal e como son internalizados e adoptados nas súas fantasías; a [[psicanálise interpersoal]], que destaca os matices e calidades das interaccións interpersoais; e a [[psicanálise relacional]], que combina a psicanálise interpersoal coa teoría de relacións obxectuais. Aínda que todas estas escolas teñen diferentes teorías, en xeral todas continúan subliñando a influencia do autoengano e do pasado persoal sobre a súa vida mental actual.
 
 
== Teorías ==