Kary Mullis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 39 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q157224
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 24:
}}
 
'''Kary Banks Mullis''' nado o [[28 de decembro]] de [[1944]] en [[Carolina do Norte]] é un [[Bioquímica|bioquímico]] [[estadounidense]], coñecido pola invención da [[Reacción en cadea da polimerasa|técnica PCR]] para amplificar [[secuencia de ADN|secuencias de ADN]]. A técnica introduciu unha revolución na investigación biolóxica e médica, o que lle levou a recibir o [[premio Nobel de Química]] de [[1993]].
 
== Traxectoria ==
Liña 35:
Por esta invención, de gran valor en [[biotecnoloxía]] e como ferramenta de investigación científica e forense, en [[1993]] recibiu o [[Premio Xapón]] e o [[Premio Nobel de Química]], compartido co [[Canadá|canadense]] [[Michael Smith (químico)|Michael Smith]]. Cetus, a compañía de Mullis, deulle unha recompensa de 10.000 dólares pola invención da PCR e logo vendeu a patente por 300.000.000 de dólares a Roche Molecular Systems, unha sección da importante compañía farmacéutica [[Hoffmann-A Roche]].
 
A PCR foi o fundamento de varias revolucións en campos prácticos, como a identificación da orixe de mostras de sangue ou saliva (aos que recorre masivamente a ciencia forense), e a secuenciación de [[xene]]s humanos ou doutros organismos. A secuenciación xenética era ata entón un proceso moi complicado, aplicable só cando se podían obter de xeito natural moitas copias do mesmo ADN. A PCR converteu nunha rutina a investigación da [[secuencia xenética]], permitindo a lectura completa do [[xenoma humano]], así como de moitos organismos que se toman como modelos na investigación de distintos problemas biolóxicos. A técnica permitiu tamén investigar a [[filoxenia]] (historia evolutiva) comparando as secuencias xenéticas de distintas estirpes, que á súa vez é o fundamento dun mundo de hipóteses científicas do máximo interese.
 
Nunha orde de cousas máis anecdótica, sen a PCR non tería sentido o argumento da novela [[Parque Xurásico]] de [[Michael Crichton]], levada ao cine en [[1993]] baixo a dirección de [[Steven Spielberg]], onde se reconstrúe o xenoma de animais extintos a partir de restos mínimos do seu sangue conservado en ámbar.