Intrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 34 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q207551
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Gene.png|dereita|miniatura|270px|Representación dun xene que contén exóns e un intrón.]]
Un '''intrón''' é unha [[secuencia de nucleótidos]] dentro dun [[xene]] que se elimina durante o [[splicing]] do ARN e non está presente no ARN maduro.<ref name="Alberts">{{cite book |autor=Alberts, Bruce |título=Molecular biology of the cell |publisher=Garland Science |location=New York |ano=2008 |páxinas= |isbn=0-8153-4105-9 |oclc= |doi= |accessdate=}}</ref><ref name="Stryer">{{cite book |autor=Stryer, Lubert; Berg, Jeremy Mark; Tymoczko, John L. |título=Biochemistry |publisher=W.H. Freeman |location=San Francisco |ano=2007 |páxinas= |isbn=0-7167-6766-X |oclc= |doi= |accessdate=}}</ref> O termo intrón pode referirse tanto a unha secuencia no ADN dun xene coma á secuencia correspondente nos transcritos de ARN.<ref>{{cite journal|last=Kinniburgh|first=Alan|coauthors=mertz, j. and Ross, J.|title=The precursor of mouse β-globin messenger RNA contains two intervening RNA sequences|journal=Cell|year=1978|month=July|volume=14|issue=3|pages=681–693|url=http://www.cell.com/abstract/0092-8674(78)90251-9#|doi=10.1016/0092-8674(78)90251-9|pmid=688388}}</ref> As secuencias que se unen durante o splicing e forman parte do ARN maduro chámanse [[exón]]s. Os intróns atópanse nos xenes da maioría dos organisms e en moitos virus, e están presentes nunha ampla gama de xenes, entre os que están os que xeran [[proteína]]s, [[ARN ribosómico]], e [[ARN transferente]]. Cando as proteínas se xeran a partir de xenes que conteñen intróns, o splicing do ARN ten lugar como unha parte do procesamento do ARN posterior á súa [[transcrición (ARN)|transcrición]] e anterior á súa [[tradución (proteínas)|tradución]]. Poden atoparse intróns nos tres tipos de ARN eucarióticos e nos ARNr e ARNt procarióticos.
 
O número e lonxitude dos intróns varía enormemente entre [[especie]]s, así como entre os [[xene]]s dunha mesma [[especie]]. Por exemplo, o [[peixe globo]], ''Takifugu rubripees'', ten poucos intróns no seu [[xenoma]]; entanto que os [[mamífero]]s e as [[anxiosperma]]s (plantas con flores) adoitan presentar numerosos intróns.