Diferenzas entre revisións de «Illas Caimán»

m
espazos e formato
m (JaviP96 moveu a páxina "Illas Caimán - Cayman Islands" a "Illas Caimán" sobre unha redirección)
m (espazos e formato)
|-
|}
 
 
As '''Illas Caimán''' (en inglés, '''Cayman Islands''') son un territorio do [[Reino Unido]] nas chamadas ''Indias Occidentais'' (Caribe), composto por 3 illas: ''Grand Cayman'', ''Cayman Brac'', e ''Little Cayman''.
 
=== Historia ===
 
As illas descrubiunas [[Cristóbal Colón]] o [[10 de maio]] de [[1503]] na súa cuarta e última viaxe a [[América]]. [[España]] cedeunas, xunto coa veciña [[Xamaica]], a [[Gran Bretaña]] en [[1670]] baixo o Tratado de Madrid. As illas e máis a Xamaica gobernáronse como unha única colonia ata [[1963]] cando se separaron administrativamente.
 
== Xeografía ==
 
As Illas Caimán localízanse na parte occidental do [[mar Caribe]], a uns 240 [[quilómetro]]s ao sur de [[Cuba]] e a uns 290 quilómetros ao noroeste de [[Xamaica]]. O [[arquipélago]] componse principalmente de tres illas: [[Gran Caimán]], [[Caimán Brac]], e [[Caimán Menor]], sendo Gran Caimán a máis extensa cun área de 197 km². As dúas outras illas, Caimán Brac e Caimán Menor, situadas 145 quilómetros ao leste de Gran Caimán, teñen unha extensión de 36 km² e 26 km² respectivamente.
 
 
== Demografía ==
 
En xullo de [[2000]] contabilízanse nas Illas Caimán 34.763 habitantes, dos cales algo máis da metade son nacidos nas illas. O 60% da poboación é de raza mixta, e o 40% restante divídese a partes iguais entre os [[caucásico]]s e os descendentes de [[África|africanos]]. A poboación considérase case exclusivamente [[Cristianismo|cristiá]], cunha gran porcentaxe de [[Anglicanismo|anglicanos]] e de prebisterianos.
 
As Illas Caimán son un [[paraíso fiscal]]. Así, moitas empresas teñen a súa sede nas illas, aproveitando a non existencia de [[imposto]]s directos. A outra actividade económica de importancia é o [[turismo]] debido ás paisaxes de súas praias. O nivel de vida de seus habitantes é un dos máis altos do Caribe.
 
== LigazónsVéxase externastamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.gov.ky Goberno das Illas Caimán] {{en inglés}}
 
[[Categoría:Illas do Caribe|Caimán, Illas]]
13.744

edicións