Papiro (planta): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nova páxina: "''Este artigo trata sobre a planta, para o maeterial de escritura véxase o artigo: '''papiro'''.'' {{Taxobox | name = Papiro | image = Cyperus papyrus6.jpg | image_width = 2..."
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 24:
Os [[talo]]s poden acadar de tres a cinco [[metro]]s de lonxitude, e até seis metros ao seu ápice. Medra sobre terreos areentos e cheos de humidade, con abundante insolación durante todo o ano, puidendo ter o pé do seu tronco totalmente mergullado na auga. A sección dos talos é dun grosor de varios centímetros nos exemplares más grandes.
 
As súas [[folla]]s son de cor verde xade, longas, magras, firmes, con espigas marróns, de dez a trinta [[centímetro|cm]] de longo. Ten longos troncos granizos que levan no ápice una grande inflorescencia liviá e plumosa en abano e, curiosamente, os renovos xorden sempre do mesmo segmento. Bioquimicamente realiza a súa síntese de [[carbohidrato]]s pola máis eficiente [[vía de 4 carbonos]].
 
O papiro multiplícase principalmente a través dos seus [[rizoma]]s, das que agroman novos troncos a intervalos regulares. Produce tamén sementes que poden ser transportadas polo vento. Porén, o ''[[Cyperus alternifolius]]'' orixinario de [[Madagascar]], pode tamén reproducirse por [[esgollo]]s: un fragmento de tronco, afundido parcialmente baixo a auga, xera raíces e das que xorden novos troncos. Tolera temperaturas de 20 a 33 °C, e [[pH]] entre 6 e 8,5.