Envoltura celular bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Bacteria cell wall2.svg|miniatura|300px|Esquema das envolturas celulares bacterianas. ''Arriba'': '''Bacteria Gram positiva'''. 1-[[membrana plasmática]], 2-[[peptidoglicano]], 3-[[fosfolípido]]s, 4-[[proteína]]s, 5-[[ácido lipoteicoico]]. ''Abaixo'': '''Bacteria Gram negativa'''. 1-[[membrana plasmática]] (membrana interna), 2-[[espazo periplásmico]], 3-membrana interna, 4-[[fosfolípido]]s, 5-[[peptidoglicano]], 6-[[lipoproteína]], 7-[[proteína]]s, 8-[[lipopolisacárido]]s, 9-[[porina]]s.]]
 
A '''envoltura celular bacteriana''' é o conxunto de capas que rodean a célula bacteriana, que comprende a [[membrana citoplasmática]] e a [[parede celular]] de [[peptidoglicano]] e mais unha membrana externa, se esta existe. A maioría das envolturas celulares bacterianas clasifícanse en dúas categorías importantes: [[Gram positiva]] e [[Gram negativa]], que se dintinguen pola súa reacción á [[tinguidura de Gram]].
 
Como noutros organismos, a parede celular bacteriana proporciona integridade estrutural á célula. Nos [[procariota]]s, a función primaria da parede celular é protexer a célula contra a presión interna osmótica causada polas concentracións moito máis altas de proteínas e doutras moléculas dentro da célula que no medio exterior. A parede celular bacteriana diferénciase da do resto dos organismos pola presenza de [[peptidoglicano]] ([[polímero|heteropolímero]] alternante de [[N-acetilglicosamina]] e [[ácido N-acetilmurámico]]) e está situada inmediatamente despois da [[membrana plasmática]].