Ganso pequeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 42 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q191628
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 11:
 
== Descrición ==
O ganso pequeno mide entre 53 e 66 cm e ten unha envergadura de alas de entre 120 e 135 cm. Pesa de 1,4 a 2,2 kg e é moi semellante en aspecto e hábitos ó [[ÁnsarGanso de testa branca]] (''Anser albifrons''), aínda que é máis pequeno e máis escuro. A mancha branca da fronte chega máis arriba cá do ''Anser albifrons'' e acaba entre os ollos. Ademais ten un anel amarelo brillante ó redor de cada ollo que o diferencia da outra especie. Este anel aparece nos exemplares novos xa no primeiro ano de vida, despois da primeira muda, ó redor do mes de novembro. O ganso pequeno é, en comparanza co ganso de fronte branca, menos forte, coas puntas das alas máis longas que tapan parcialmente a cola cando está de pé. A cabeza é máis arredondada cá do [[ganso bravo]] e o bico, máis fino. En voo confúndese facilmente coa ganso de fronte branca, ó que non favorece a preservación da súa poboación, xa escasa.
O seu repertorio vocal comprende máis dunha ducia de sons diferentes.