Sancho Ramírez de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q344802
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Ramiro I de Aragón|Ramiro I]] e [[Ermesinda de Foix]]. casou en primeiras nupcias, posíbelmente en 1065, con [[Isabel de UrgelUrgell]] da que nacería o futuro rei [[Pedro I de Aragón|Pedro I]].
 
Sucedeu ao seu pai á idade de 18 anos. Tomou [[Barbastro (Huesca)|Barbastro]] aos musulmáns, en [[1064]], en unión con [[Ermengol III de Urgel|Armengol III]], [[Condado de UrgelUrgell|conde de UrgelUrgell]], que morreu na liorta, aínda que ao ano seguinte, [[Al-Muqtadir]], rei da [[taifa de Zaragoza]], reaccionou solicitando a axuda de todo [[Al-Andalus]], chamando á súa vez á [[xihad]] e volvendo recuperar Barbastro en [[1065]]. Hai que recordar que Barbastro era capital do distrito nordés do [[reino de Zaragoza]], e chave da rica veiga do [[río Cinca|Cinca]], ademais de sede dun importante mercado.
 
En [[1068]] Sancho Ramírez viaxa a [[Roma]] para consolidar o novo Reino de Aragón ofrecéndose en vasaiaxe ao [[Papa]]. Este vínculo está documentado ata na contía do tributo de 600 marcos de ouro ao ano que debía pagar ao [[Cidade do Vaticano - Civitas Vaticana|Estado Pontificio]] o [[Reino de Aragón]]. Aduciuse unha posible relación desta relación feudo-vasaiática coas armas de liñaxe e a cor dos fíos das cintas de lemnisco das que pendían os selos papais co emblema de paus ouro e goles que constituirá, a partir de [[Afonso II de Aragón|Afonso II]], o sinal real do rei de Aragón.