Bilirrubina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 45 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q104219
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Nesta degradación da hemoglobina, sepáranse, por unha banda, a molécula de [[globina]] e, por outra, o grupo [[hemo]].
 
A hemo-oxigenasa degrada o grupo hemo nos macrófagos, abrindo o [[tetrapirrol|anel tetrapirrólico]] nunha molécula lineal, e dando como resultado [[ferro]] libre (oxídase o Fe<sup>2+</sup> a Fe<sup>3+</sup>), e unha cadea de 4 aneis [[pirrol|pirrólicos]], a que será o substrato de formación da bilirrubina. Durante as horas ou os días seguintes os macrófagos liberan o [[ferro]] da hemoglobina que será transportado pola [[transferrina]] ata a medula ósea (para formar novos eritrocitos), ou almacenado no fígado e outros tecidos en forma de [[ferritina]] para situacións de necesidade.
 
Os macrófagos dos tecidos transforman a [[porfirina]] da hemoglobina en bilirrubina que viaxa unida á [[albumina]] sérica ([[proteína]] transportadora) polo torrente sanguíneo ao fígado, onde se separan, e a bilirrubina se secreta pola [[bile]] (por iso a cor amarela-verdoso da bile) e degrádase.