Anser: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro moveu a páxina "Anser" a "Ganso"
 
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. feita con achegas das wikis en castelán e francés
Liña 1:
{{título en cursiva}}
#REDIRECCIÓN [[Ganso]]
 
{{Taxobox
| name = ''Anser''
| image = bean.goose.600pix.jpg
| image_caption = ''[[Anser fabalis]]''
| image_width = 250px
| regnum = ''[[Animalia]]''
| phylum = ''[[Chordata]]''
| subphylum = ''[[Vertebrata]]''
| classis = ''[[Aves]]''
| ordo = ''[[Anseriformes]]''
| familia = ''[[Anatidae]]''
| subfamilia = ''[[Anserinae]]''
| genus = '''Anser'''
| genus_authority = [[Brisson]], [[1760]] <ref>[http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?v_tsn=175019&taxa=&p_king=every&p_string=containing&p_format=&p_ifx=&p_lang=es SIIT]</ref>
| subdivision_ranks = [[especie (bioloxía)|Especies]]
| subdivision =
* ''Véxase o texto''
}}
 
'''''Anser''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[aves]] [[anseriformes]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[anátidos]] e subfamilia dos [[anserinos]] coñecidos vulgarmente como '''gansos''' (aínda que hai outros gansos que pertencen a outros xéneros, como o [[ganso de Exipto]], do xénero ''[[Alopochen]]'', e varias especies do xénero ''[[Branta]]'').
 
De dúas das súas especies, ''[[Anser anser]]'' e ''[[Anser cygnoides]]'', derivan varias razas [[domesticación|domésticas]].
 
== Especies ==
O xénero ''Anser'' inclúe, segundo Peterson, 11 especies e diversas subespecies:<ref>[http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes]</ref>
 
* ''[[Anser albifrons]]''
* ''[[Anser anser]]''
* ''[[Anser brachyrhynchus]]''
* ''[[Anser cygnoides]]''
* ''[[Anser erythropus]]''
* ''[[Anser fabalis]]''
* ''[[Anser indicus]]''
* ''[[Anser serrirostris]]''
* ''[[Anser caerulescens]]''
* ''[[Anser canagicus]]''
* ''[[Anser rossii]]''
 
Pero outros autores consideran só as sete primeiras arriba indicadas,<ref> [http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?taxa=&p_format=&p_ifx=&p_lang=fr&v_tsn=175037 xenero ''Chen'' Boie, 1822] en SIIT {{fr}}</ref> mentres que as tres últimas considéranas como pertencentes ao xénero ''[[Chen]]'', e non consideran como especie a ''Anser serrirostris'' Swinhoe, 1871, que se´ría unha subespecie de ''Anser fabalis''.<ref>[http://www.worldbirdnames.org/n-waterfowl.html ''Anseriformes''] en IOC World Bird List.</ref>
 
== Gansos domésticos ==
[[Ficheiro:Domestic Goose.jpg|miniatura|Ganso doméstico.]]
[[Ficheiro:Six Geese.jpg|miniatura|Grupo de gansos domésticos, un deles un ''ganso de Guinea'', e os outros, híbridos.]]
A domesticación dos gansos data da antigüidade. Hai evidencias arqueolóxicas de que tal proceso comezou no [[Antigo Exipto]] hai uns 5 000 anos.<ref name=fao>Hugo, S. (sen data): [http://www.fao.org/docrep/V6200T/v6200T0n.htm Geese: the underestimated species]. FAO.</ref>
 
Os gansos domésticos de hoxe día descenden todos de dúas especies: as razas do [[Europa|oeste de Europa]], do [[ganso bravo]] (''Anser anser''), e as razas [[Asia|asiáticas]] do [[ganso cisnoide]] ou ganso chinés (''Anser cygnoides'').
 
Estes dous parentes salvaxes dos gansos domésticos son orixinarios das zonas temperadas do [[hemisferio norte]]. O ganso bravo, o máis meridional dos gansos que se reproducen en [[Europa]], conservouse polo [[ser humano|home]] desde a época do [[neolítico]]. É o antepasado da maior parte das razas europeas de gansos.
 
O ganso cisnoide é orixinario de [[China]] e [[Mongolia]]. A pesar que foi domesticado hai uns 3 000 anos, en estado salvaxe segue a ser unha das especies de aves acuáticas subárticas menos estudadas.
 
A diferenza das [[galiña]]s, os gansos teñen a gran vantaxe de poderen ser criados unicamente a partir de proteínas procedentes das [[herba]]s. Os gansos teñen tendencia a consumir máis alimento do que necesitan, tendencia que foi explotada durante longo tempo tanto para a súa engorda como para facelos demasiado pesados para voaren.
 
Debido a que os gansos domesticados se reproducen libremente cos individuos salvaxes cando se encontran, a [[domesticación]] non resultou na creación de razas diferenciadsas.<ref name="FAO Aves">Beate D. Scherf (ed.) (1997): [http://www.fao.org/docrep/V8300S/v8300s1g.htm#TopOfPage Aves]. Lista Mundial de Vigilancia para la Diversidad de los Animales Domésticos. (2ª ed.). [[FAO]].</ref>
 
O ganso chinés pode ser facilmente distinguíbel do europeo pola presenza dunha protuberancia na base do peteiro, aínda que os híbridos entre ambas as especies poden presentar unha gradación para a presenza e o tamaño da protuberancia.<ref name=faob>Buckland, R. & Guy, G. (2002): ''Goose Production''. Chapter 1: [http://www.fao.org/DOCREP/005/Y4359E/y4359e03.htm Origins and Breeds of Domestic Geese]. FAO.</ref>
 
Os gansos domésticos forin seleccionados para ter un maior tamaño corporal que os seus parentes silvestres. Así, o ganso doméstico pode pesar até 10 kg, mentras que os silvestres chegan só até os 3,5 ou 4,1 kg, segundo as especies.<ref name=hbw>Carboneras, C., del Hoyo, J., Elliott, A., & Sargatal, J., eds. ''Handbook of Birds of the World'' Vol. 1: 581. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-10-5</ref> Este incremento no tamaño corporal afectou tamén á estrutura xeral do corpo, de modo tal que mentres que os gansos salvaxes teñen unha postura horizontal do tronco e o extremo posterior delgado, os gansos domésticos —ao depositaren gran cantidade de graxa cara á cola— presentan un extremo posterior máis gordo e pesado, o que os obriga a ter unha postura máis vertical. Ademais, esta característica tamén impide que os gansos domésticos poidan voar.<ref name=hbw />
 
Durante a domesticación tamén foron seleccionados para que incrementaran a súa fecundidade. De feito, as femias dos gansos domésticos poñen até 160 [[ovo (bioloxía)|ovos]] por ano, mentres que as especies de ganso silvestre só poñen de 5 a 12.<ref name=fao /> <ref name=hbw />
 
Os cambios na cor da [[pluma|plumaxe]], porén, foron variábeis. Algúns foron seleccionados para perder os tons castaño escuro característicos ds ave silvestre, o que deu como resultado animais completamente cubertos de plumas brancas (como o da fotografía arriba). Outros reteñen unha cor da plumaxe similar á das especies orixinais, como o ganso de Tolousse.<ref name=fao />
 
 
<center><big>'''Comparación entre os gansos silvestres e os domésticos'''</big></center>
 
{| class="wikitable centre" style="float left"
!colspan="2"|<big>''Anser cygnoides''</big>
!colspan="2"|<big>''Anser anser''</big>
|-
!Ganso salvaxe
!Ganso de Guinea
!Ganso salvaxe
!Ganso doméstico
|-
| [[Ficheiro:Anser cygnoides-Beijing.jpg|190px]]
| [[Ficheiro:Anser cygnoides (fl).jpg|150px]]
| [[Ficheiro:Greylag Goose - St James's Park, London - Nov 2006.jpg|190px]]
| [[Ficheiro:Domestic Goose.jpg|170px]]
|-
|valign="top"|Postura horizontal<br />coa parte posterior delgada
|Postura vertical<br />coa parte posterior grosa<br />e unha carúncula na base do bico
|
|Tronco menos fino, e coxas grosas
|}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Anser}}
{{wikispecies|Anser}}
 
=== Bibliografía ===
* Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): ''Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)'' Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España):Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
 
=== Outros artigos ===
* [[Anseriformes]]
* [[Anátidos]]
* [[Anatinos]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.catalogueoflife.org/col/search/all/key/Anser/match/1 ''Anser''] en SIIT. Catalogue of Life: 25th June 2013. {{es}}
* [http://www.faunaeur.org/full_results.php?id=96473 ''Anser''] en Fauna Europaea. {{en}}
* [http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Anser/classification/ ''Anser''] en Animal Diversity Web. {{en}}
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?lin=s&p=has_linkout&id=8842 ''Anser''] en NCBI. {{en}}
 
[[Categoría:Anátidos]]