Envoltura celular bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
A parede celular [[Gram positiva]] caracterízase pola presenza dunha capa de [[peptidoglicano]] moi grosa, que é responsable da retención das tinguiduras violetas durante a [[tinguidura de Gram]]. As paredes celulares Gram positivas conteñen uns polialcohois denominados [[ácido teicoico|ácidos teicoicos]], algúns dos cales se enlazan con lípidos para formar ácidos lipoteicoicos. Como os ácidos lipoteicoicos teñen enlaces covalentes cos lípidos da membrana citoplásmica, son responsables de enlazar o peptidoglicano á membrana citoplásmica. Os ácidos teicoicos dan á parede celular Gram positiva unha carga negativa total debido á presenza de [[enlace fosfodiéster|enlaces de fosfodiéster]] entre os monómeros do ácido teicoico.
 
Este tipo de parede celular encóntrase nos organismos que pertencen aos grupos [[Actinobacteria]] (organismos Gram positivos con [[contido GC]] alto) e [[Firmicutes]] (organismos Gram positivos con [[contido GC]] baixo). As bacterias do grupo [[Deinococus-Thermus]] poden tamén exhibir un comportamento positivo na tinguidura de Gram, pero en estrutura a súa parede celular é a típica dos organismos Gram negativos.
 
== Parede celular Gram negativa ==