Envoltura celular bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''envoltura celular bacteriana''' é o conxunto de capas que rodean a célula bacteriana, que comprende a [[membrana citoplasmática]] e a [[parede celular]] e mais unha membrana externa, se esta existe. A maioría das envolturas celulares bacterianas clasifícanse en dúas categorías importantes: [[Gram positiva]] e [[Gram negativa]], que se dintinguen pola súa reacción á [[tinguidura de Gram]].
 
Como noutros organismos, a parede celular bacteriana proporciona integridade estrutural á célula. Nos [[procarionteprocariota]]s, a función primaria da parede celular é protexer a célula contra a presión interna osmótica causada polas concentracións moito máis altas de proteínas e doutras moléculas dentro da célula que no medio exterior. A parede celular bacteriana diferénciase da do resto dos organismos pola presenza de [[peptidoglicano]] ([[polímero|heteropolímero]] alternante de [[N-acetilglicosamina]] e [[ácido N-acetilmurámico]]) e está situada inmediatamente despois da [[membrana plasmática]].
 
O peptidoglicano é responsable da rixidez da parede celular bacteriana e determina a forma da célula. A pared é relativamente porosa e non constitúe unha barreira para as moléculas pequenas. Aínda que todas as membranas celulares bacterianas conteñen peptidoglicano (son excepcións algúns parasitos intracelulares, por exemplo, ''[[Mycoplasma]]''), non todas as membranas celulares teñen a mesma estrutura. Isto reflíctese notablemente na clasificación Gram positiva e Gram negativa das bacterias.