Erica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
== Usos ==
As uces ademais da súa función formadora de solos nos terreos áridos ou degradados nos que adoitan medrar, serven como alimento do gando e dos animais salvaxes, suxeitando o terreo tralos lumes, pola súa resistencia a el e a súa capacidade para regromar despois dos incendios forestais. Soen ser indicadaros de solos acedos con certa humidade.
 
Estas plantas presentan unha cepa grosa baixo o chan da que agroman as pólas. Estas cepas téñense empregaod en zonas rurais como combustíbel polo seu alto poder calorífico. Por seren os breixos de madeira moi dura e sen veas, úsanse tamén para a fabricación de [[gaita]]s, [[pipa]]s de fumadores, cubertos e outros obxectos.
 
É común o uso dalgunhas especies e variedades en [[xardinaxe]] coma cobertoiras, xardíns de rocalla, de coníferas ananas e incluso en vasos. Salientan pola cor das súas folliñas, así como pola súa floración prolongada, que vai da cor branca á púrpura.
 
== Especies ==