Esquerra Republicana de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 123:
Unha das tarefas máis relevantes do novo goberno foi o inicio dos trámites para elaborar un novo [[Estatuto de autonomía de Cataluña]].
 
A primeira gran crise do goberno da Generalitat foi provocada pola actuación do líder de Esquerra, Josep Lluís Carod Rovira, que en xaneiro de 2004 mantivo unha reunión secreta con dous líderes de ETA en Perpignan[[Perpiñán]], sen coñecemento de Maragall, e nun día no que precisamente, a causa dunha viaxe oficial de Maragall ó estranxeiro, Carod-Rovira estaba desempeñando o papel de Presidente da Generalitat en funcións. A publicación da nova no xornal ABC desatou unha grande controversia mediática e social, e carreou unha grave crise política que se saldou coa destitución de Carod-Rovira como Conselleiro da Generalitat. Carod foi substituído por outro membro de ERC, [[Josep Bargalló]], e ERC continuou a formar parte do goberno. Bargalló, ata entón Conselleiro de Educación, foi substituído nesta consellaría por Marta Cid, tamén de ERC.
 
No entanto, e ante o que considerou inxustos ataques ó seu líder, ERC decidiu que Carod-Rovira fose a testa de listaxe do partido na candidatura ás eleccións xerais españolas que debían celebrarse o [[14 de marzo]] de [[2004]]. Deste xeito, ERC quixo converter as eleccións nunha especie de plebiscito para que os votantes decidisen se respaldaban ou non a actuación de Carod. O eslógan da campaña de ERC foi ''Parlant la gent s'entèn'' (en galego, "Falando enténdese a xente").
Liña 131:
Tralas eleccións do [[14 de marzo]] de [[2004]], Carod renunciou á súa acta de deputado ó Congreso e foi substituído por [[Joan Puigcercós]], e ERC deu apoio á investidura de [[José Luis Rodríguez Zapatero]] como novo Presidente do Goberno español, e deu apoio ó goberno socialista tanto nas votacións presupuestarias como noutros asuntos.
 
O apoio de ERC ó goberno socialista en Madrid, xunto á súa participación no goberno da Generalitat de Cataluña, foi motivo de duras críticas dende os sectores españolistas. Diversos políticos do [[Partido Popular]], como [[Ángel Acebes]] ou [[Eduardo Zaplana]], acusaron a Zapatero de estar sometido á "chantaxe independentista" de ERC. Diversos medios de comunicación como [[El Mundo (España)|El Mundo]] ou a canle de radio [[COPE]], foron especialmente duros cos dirixentes de ERC, o que lles valeu diversas querelas, a causa de diversas polémicas, como as conversas de Carod Rovira coa banda terrorista [[Euskadi Ta Askatasuna|ETA]], ou a burla verbo da Paixón de Xesucristo ocorrida nunha viaxe oficial dos líderes do goberno catalán a Israel. Malia todo, o goberno socialista seguiu contando co apoio de ERC en Madrid, e o partido seguiu formando parte do goberno tripartito da Generalitat de Cataluña.
 
O [[10 de xuño]] de [[2005]] faleceu Pere Esteve, militante de ERC que ocupaba o cargo de Conselleiro de Comercio, Turismo e Consumo da Generalitat de Cataluña. ERC substituíuno na consellaría por Jaume Huguet.
Liña 141:
[[Ficheiro:060218 ERC.jpg|miniatura|dereita|300px|Dirixentes de ERC na manifestación "Som una nació", celebrada en Barcelona o [[18 de febreiro]] de 2006.]]O [[18 de febreiro]] de [[2006]], ERC incentivou a participación cidadá a unha manifestación convocada en Barcelona por unha plataforma de entidades que, so o lema ''Som una nació, tenim dret a decidir'' (en galego "Somos unha nación, temos dereito a decidirmos"), reivindicaba que a versión final do Estatuto recoñecese a Cataluña como unha nación, tal e como se recollía no texto do Estatuto aprobado polo Parlamento de Cataluña o [[30 de setembro]] de [[2005]]. A manifestación reuniu a entre 500.000 e 1.000.000 de persoas segundo diversas fontes, e os dirixentes de ERC, que asistiron á manifestación, comprometéronse a non apoiar un Estatuto que non recoñecese de forma explícita que Cataluña é unha nación.
 
Alén disto, a dirección de ERC entendía que non podía votar a favor do proxecto final de Estatuto porque o capítulo relativo á financiación non era positivo dabondo para Cataluña, e que non se cedía á Generalitat a xestión de infraestruturas como o [[aeroportoAeroporto d'de Barcelona-El Prat|aeroporto do Prat]].
 
O [[20 de abril]] de [[2006]], o [[presidente da Generalitat]] [[Pasqual Maragall]] anunciou unha crise de goberno que supuxo o cambio de seis conselleiros no goberno da Generalitat. Dos seis conselleiros substituídos, dous eran de ERC. Consonte ó pacto establecido entre os tres partidos que gobernan en coalición, Maragall indicou os conselleiros que quería cesar, e ERC indicoulle os políticos do seu partido que lles substituirían. Así, Xavier Vendrell substituíu a Joan Carretero coma conselleiro de Gobernación e Administracións Públicas, e Manel Balcells substituíu a Carles Solà coma conselleiro de Universidades, Investigación e Sociedade da Información.
Liña 152:
 
O [[18 de xuño]] de [[2006]] celebrouse o [[Referendo estatutario en Cataluña de 2006|Referendo]], no que o texto foi aprobado co 73,90% dos votos a favor. O "Non" solicitado por ERC (e polo PP) só obtivo un 20,76% dos votos. A mesma noite, Josep Lluís Carod-Rovira recoñeceu a derrota da proposta de Esquerra, e manifestou que o partido debería facer autocrítica para aprender dos erros cometidos.
 
== Posición de ERC ante os referendos ==
* [[1976]]: Referendo pola [[Reforma política española de 1977|Reforma política en España]]. Non participa na campaña electoral ó non estar aínda legalizado o partido.