Esquerra Republicana de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 42:
En 1939 conclúe a guerra civil co triunfo do bando sublevado, que suspende os partidos políticos e anula tódalas liberdades. En Cataluña suspéndense as institucións autonómicas e prohíbese o uso da lingua catalá. A represión é especialmente dura contra Esquerra Republicana de Catalunya e os seus militantes, pola súa ideoloxía e polas decisións tomadas polos seus líderes tanto durante a Segunda República como durante a Guerra Civil. «Dos 70.000 militantes (que tiña ERC antes da guerra), a metade exílianse, e unha cuarta parte son aprisionados, executados ou mortos na Guerra Civil» indica a web de ERC na súa páxina de presentación.
 
ERC pasa á clandestinidade. Algúns dirixentes marchan ó exilio a [[Francia]], onde tamén se instala o goberno da [[Generalitat de Catalunya|Generalitat]] no exilio, presidido polo dirixente de ERC [[Lluís Companys]], e outros tentan organizar a resistencia permanecendo en Cataluña, en torno ó liderado de Manuel Juliachs e Jaume Serra.
 
En [[1940]] os nazis toman Francia, e a [[Gestapo]] detén a Lluís Companys a petición do goberno español. Companys é entregado ás autoridades españolas e o [[15 de outubro]] de [[1940]] é fusilado no [[Castelo de MontjuicMontjuïc]] de Barcelona.
 
En [[1943]], centos de militantes de ERC exiliados en Francia pactan con representantes do xeneral [[Charles de Gaulle]] a súa incorporación á Resistencia francesa para combateren o fascismo e loitaren polo restablecemento da democracia e a República en [[Francia]].
 
En [[1945]], rematada a Segunda Guerra Mundial, e prevendo unha posible caída do réxime franquista ante unha hipotética entrada en España das forzas aliadas, a dirección de ERC no exilio envía a Cataluña aos líderes Pere Puig e Joan Rodríguez-Papasseit.
 
Tamén en 1945, unha vez liberada Francia, se reúne un congreso de militantes de ERC en [[Tolosa, de LengadocFrancia|Tolosa]] baixo a presidencia de [[Josep Irla]], e elíxese a [[Josep Tarradellas]] novo secretario xeral do partido.
 
En [[1952]] tamén regresa do exilio [[Heribert Barrera]], fillo do conselleiro da Generalitat republicana Martí Barrera, que asume de facto a dirección de ERC.
Liña 56:
Nos [[anos 1950]] ERC intégrase ó Consello da Democracia Catalá e ó Consello de Forzas Democráticas. En [[1954]] dimite Josep Irla como presidente do partido, e [[Josep Tarradellas]] é elixido como sucesor. En [[1958]] falece Josep Irla en Francia. En [[1959]] [[Josep Tarradellas]] é elixido novo presidente da Generalitat de Cataluña no exilio.
 
O [[11 de setembro]] de [[1964]], coincidindo coa [[Diada Nacional de Cataluña]], ERC lidera xunto a outros grupos clandestinos a organización da primeira manifestación antifranquista que dende a fin da guerra ten lugar en Barcelona.
 
ERC convértese nun dos partidos que, desde a clandestinidade, mostra maior actividade na loita antifranquista en Cataluña. Durante os [[anos 1960]] intégrase sucesivamente no Consello Catalán do Movemento Europeo, o Secretariado da Democracia Social Catalá, e á Coordinadora de Forzas Políticas.