Abrir o menú principal

Cambios

Rosa dos Ventos.svg
[[Ficheiro:KompassRosa dos Ventos.svg|miniatura|300px|dereita|Puntos cardinais.]]
Os '''puntos cardinais''' son as catro direccións derivadas do [[Movementos da Terra#Movemento de rotación|movemento de rotación terrestre]] que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son: o Leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o sol cada día; o Oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e se á liña Este-Oeste a consideramos como o eixo das abscisas nun sistema de [[coordenadas xeográficas]], o eixo das coordenadas estaría descrito por liña Norte-Sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando Noroeste, Suroeste, Nordés e Sueste. Repítese a mesma operación e obtense a [[Rosa dos ventos]] que é usada en navegación desde séculos ancestrais e cobre as 32 direccións principais do movemento na superficie terrestre.