Roca, Guitiriz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
retiro algo de opinoloxía
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xullo de 2013}}
{{Outroshomónimos|Roca (homónimos)|Roca}}
{{Parroquia
|nome = Roca
|imaxe = Guitiriz, S. Xulian de Roca.JPG
|lenda = Igrexa parroquial.
|mapa = Situación da parroquia de Roca en Guitiriz.png
|concello = Guitiriz
Liña 16 ⟶ 17:
 
==Situación e orografía==
Atópase situada entre os paralelos 43º 10` 20” e 43º 12`30” latitude Norte, 7º 46` 40” e 7º 49`34” lonxitude Oeste. Tamén no mapa Topográfico Nacional nº 47-III (13-10) de escala 1:25000. É un terreo suavemente montañoso, oscilando entre os 400 e 600m, aproximadamente. As elevacións máis importantes atópanse no Leste, nunha cadea que vai de Sur a Norte, na que destacan como maiores elevacións o Penedo da Perdíz, Alto do Curro de Carlos, Penedo do Seixiño, Pena Gallada, Monte Redondo, Altos de Fontemalle, Mouteira e Lobateira. Parte destas elevacións forman conxunto de esa muralla que dende a chaira luguesa pódese observar ó Oeste como delimitándoa.
 
A partir deste serrón, todas as augas verquen cara o Sur e Oeste, formando pequenos regatos, entre os que podemos citar o da Perdíz, Fontemalle, Castellanos ou Picharegas, Quintán ou Zancas e Pedracoba ou Ramallal, que case serve como linde natural con Santa Cruz.
 
==Flora e fauna==
A zona situada o Leste coas elevacións nomeadas no anterior apartado, está plantada a pinos, de forma ordenada, explotada en plan comunitario. Nas vertentes que saen destes outeiros, abundan as árbores autóctonas, como os carballos, bidueiros, ameneiros, salgueiros e castiñeiros. Nos terreos ermos predominan os [[toxo]]s, [[pudia]]s, [[xesta]]s, [[carpaza]]s, [[carqueixa]]s, [[fieito]]s e [[Silva (botánica)|silva]]s. En canto a fauna silvestre é frecuente ver [[Xabaril|xabarín]], [[corzo]], [[raposo]] e [[coello]]. Polo que se refire as aves, abunda o [[corvo]], [[pega]], [[rula]], [[pombo]], [[gorrión]], [[paporroibo]], [[lavandeira]], [[gaio]], [[xílgaro]], [[merlo]], [[peto]], [[cuco]] e [[bubela]], por citar algúns. En canto a riqueza piscícola, minguou bastante dende a implantación dunha industria ó carón do río Requeixo, así como as posibles escorras de grandes explotacións gandeiras situadas noutras parroquias no seu curso alto.
 
==Habitantes e a súa economía==
A poboación fixa ronda os 70 habitantes, distribuídos nunhas 24 casas habitadas, dun total de 40 que forman a parroquia. Como a maioría da Galicia interior a súa economía baseábase en pequenas explotacións agrícolas e gandeiras, pero co envellecemento, o despoboamento e o minifundismo non rendíbel, apenas se quedan a metade das casas con gandería. A pouca xente nova que queda, dedicase a outras profesións ou oficios, que pouco ou nada teñen que ver coas ocupacións dos seus antepasados.
 
Ten boas comunicacións, xa que a atravesan polo Sur a estrada N-VI e a autoestrada A-6 con saída a 2 Km. na veciña parroquia de Transparga, ou a 4 Km en Bahamonde. Estas facilidades posibilitan que sexa posible vivir aquí e traballar en cidades e poboacións achegadas. O ferrocarril pasa tamén polo extremo Sur.
 
==Que ver, en que pasar o tempo==
O abandono do campo fai que sexa un lugar tranquilo, sen ruídos de maquinaria, ideal para segunda residencia, pasear a pé ou, a cabalo, unou paraíso para aen bicibicicleta de montaña por os seus abundantes vereas, corredoiras, e fondas congostras sen apenas tránsito. Abondan as fragas no curso dos regatos anteriormente nomeados.
 
As ladeiras dos ríos Requeixo e [[Río Parga|Parga]] gardan fermosos lugares, así como algún que outro muíño e caneiro xa abandonados.
Liña 36 ⟶ 38:
E para os amantes e investigadores do antigo a visita os dous castros, un deles pouco valorado e quizais nin sequera catalogado, posto que poucas ou ningunha publicación o cita, situado estratexicamente ao carón da zona dos Formigueiros, rodeado dun regato. O outro que si figura na cartografía oficial e nalgúns libros ou publicacións, preto de Quintán, no lugar das Pedreiras.
 
Neste mesmo lugar de Quintán, atópase un exemplo de casa de labranza de hai uns 200 ou 300 anos, segundo se deduce da súa distribución interna e servizos. É merecedora dun estudo profundo.
 
==Lugares e parroquias==